InicioSOCIEDADEMarta Lois, excandidata á Xunta por Sumar, toma posesión como decana de...

Marta Lois, excandidata á Xunta por Sumar, toma posesión como decana de Ciencias Políticas da USC

Lois toma a substitución de Ramón Bouzas tras vencer coa súa candidatura na xunta celebrada o pasado setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

A exportavoz de Sumar no Congreso e candidata da formación nas últimas eleccións galegas, Marta Lois, tomou posesión este martes como decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de SantiagoAsí o fixo nun acto celebrado na propia facultade e no que se mostrou “orgullosa” de formar parte da universidade pública. Deste xeito, a politóloga toma a substitución de Ramón Bouzas tras vencer coa súa candidatura na xunta celebrada o pasado setembro. Neste sentido, o seu equipo estará formado por José Caamaño na área de Economía Política, Amparo Novo en Socioloxía e Alba Alonso en Ciencia Política.

Durante o acto, presidido polo reitor da USC, Antonio López, Lois agradeceu ao seu antecesor polo seu “liderado e talento académico” que, segundo detallou, contribuíron a impulsar “importantes avances” nesta facultade compostelá. Neste contexto, Lois aproveitou para lembrar a súa etapa como estudante na facultade que agora dirixirá. “Pasaron trinta anos desde que pisei por primeira vez esta facultade como alumna do primeiro curso do Doutoramento de Ciencia Política da USC. Máis dun terzo de século tecendo vocación académica, aprendendo e, sen dúbida, sentíndome moi orgullosa de pertencer á universidade pública”, esgrimiu ao comezo do seu discurso. Así, apelou á comunidade universitaria para “dar un paso máis aló” e liderar os cambios que se están producindo na sociedade, “uns cambios que deben ser transformadores e impulsados colectivamente”.

CATRO CAMBIOS TRANSFORMADORES

Por outra banda, Lois articulou o seu mandato ao redor de catro cambios que cualificou de “transformadores”, en primeiro lugar, referiuse ao reto de “atraer, implicar e conectar” ao alumnado que conforma a Facultade de Ciencias Políticas. “En segundo lugar, e non por iso menos importante, outro reto importante para esta facultade é a reforma do Plan de Estudos do Grao en Ciencia Política e da Administración. Hai que reducir o peso dos créditos e definir colectivamente novas materias de especialización”, destacou.

aposta pola mobilidade e a internacionalización é outro dos retos que marcou a decana co obxectivo posto en “maximizar” o aproveitamento da oferta para “atraer máis estudantes internacionais” e para que o alumnado local mellore as súas competencias lingüísticas. Con todo, o último obxectivo ao que se comprometeu é tratar de alcanzar a igualdade, a diversidade e un desenvolvemento sustentable “ante as crecentes manifestacións de intolerancia, ataques aos dereitos das persoas e ao cuestionamiento da propia democracia” por parte de movementos “reaccionarios”.

“Cabe lembrar que esta facultade é unha facultade de ciencias políticas e sociais, unha facultade que sente interpelada, que seguirá promovendo a formación dun espírito crítico, científico, tolerante e aberto á sociedade”, concluíu. Doutora en Ciencia política e profesora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía, Marta Lois tamén pertence á Rede Armela de investigación en igualdade, dereito e estado social. En concreto, a súa investigación articúlase en base á perspectiva de xénero e á análise das políticas públicas e a teoría política feminista.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...