InicioSANTIAGOO Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental reúne 135 asistentes en...

O Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental reúne 135 asistentes en Santiago

FADEMGA destaca a importancia da colaboración e a atención integral no ámbito da saúde mental

Publicado o

Xornal de Compostela

A Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela acolleu este venres a 18ª edición do Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, unha iniciativa organizada por FADEMGA Plena inclusión Galicia que reuniu a 135 participantes entre profesionais, estudantes, persoas voluntarias e familias.

O acto contou coa intervención de Begoña Abeijón, directora xeral de Discapacidade da Xunta de Galicia; Almudena Díaz, subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental; e Silvia Longueira, deputada do PSdeG-PSOE, ademais da vicepresidenta de FADEMGA, Carmen Taboada.

Durante o evento, Abeijón subliñou a necesidade dunha atención integral en saúde mental, destacando a colaboración entre as consellerías de Sanidade e Política Social. “Sanidade e servizos sociais deben camiñar da man para garantir o benestar das persoas con discapacidade intelectual e saúde mental”, afirmou, engadindo que o apoio ás entidades sociais permite a creación de novos recursos e programas, como o futuro centro especializado nas Pontes.

Pola súa banda, Carmen Taboada destacou que as persoas con discapacidade intelectual poden experimentar alteracións de saúde mental de xeito diferente á poboación xeral, o que require recursos e estratexias específicas. “A comprensión, o respecto e a empatía son fundamentais para responder aos desafíos que enfrontan”, afirmou.

Ao longo da xornada, afondouse en temas clave como o acompañamento a persoas con alteracións sensoriais e de conduta, estratexias de comunicación positiva para familias, e o impacto dos cambios lexislativos na atención e nos dereitos das persoas con discapacidade intelectual.

Desde FADEMGA, destacaron o éxito do evento e agradeceron o apoio das autoridades, dos relatores e da Facultade de Psicoloxía por acoller esta iniciativa. Segundo a organización, este seminario reafirma o compromiso coa inclusión e o benestar das persoas con discapacidade intelectual e saúde mental, marcando un camiño para continuar avanzando cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here