InicioSANTIAGOAntonio Míguez Macho, novo decano da Facultade de Xeografía e Historia da...

Antonio Míguez Macho, novo decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC

Foi elixido nas votacións que se celebraron este luns, despois de que o pasado mércores empatase a sufraxios coa outra candidata, María José Piñeira, nas dúas voltas que houbo

Publicado o

Xornal de Compostela

O profesor Antonio Míguez Macho foi elixido decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) nas votacións que se celebraron este luns, despois de que o pasado mércores empatase a sufraxios coa outra candidata, María José Piñeira, nas dúas voltas que houbo.

Finalmente, Míguez obtivo 41 votos, mentres que María José Piñeira conseguiu 34. Sete dos votos foron en branco.

Antonio Míguez Macho (Santiago de Compostela, 1979) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e foi investigador posdoctoral en The London School of Economics and Political Science. Tamén foi contratado Marie Curie e Ramón e Cajal na USC. Na actualidade é profesor titular de Historia Contemporánea e vicedecano da Facultade de Xeografía e Historia da USC. Forma parte do Grupo de Investigación Histagra e tamén do Cispac.

O seu equipo decanal estará conformado por Jesús Horacio García García, profesor titular no departamento de Xeografía; María Dores Barral Rivadulla, profesora titular no departamento de Historia dá Arte, e por Manuela Costa Casais, profesora contratada doutora no departamento de Xeografía.

ÚLTIMAS

Subdelegado do Goberno e veciños de Santiago estudan a situación de seguridade

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reuniuse na mañá deste xoves con...

O pleno rexeita a proposta do PP para retirar todos os radares de Conxo

O pleno do Concello de Santiago rexeitou este xoves a proposición presentada polo Partido...

O pleno aproba a execución dun programa urxente para reparar a rede viaria e reclama axilizar pagos nos CSC

O pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves a execución dun programa urxente...

Denuncian o “colapso” nunha das prazas do Tribunal de Instancia de Santiago “que afecta as vítimas de violencia de xénero”

O sindicato Comisións Obreiras denunciou o colapso da praza número 3 da sección de...

Subdelegado do Goberno e veciños de Santiago estudan a situación de seguridade

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reuniuse na mañá deste xoves con...

A USC e o IDIS conclúen que crear un modelo de consulta telemática “reduce a carga dos hospitais”

Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto de Investigación...

A alcaldesa de Santiago anuncia unha plataforma elevada no cruzamento do Hórreo con Gómez Ulla para priorizar ao peón

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este mércores nunha visita ás obras do...