InicioSANTIAGOO instituto Arcebispo Xelmírez I convoca o II Premio BREVITER de microrrelatos

O instituto Arcebispo Xelmírez I convoca o II Premio BREVITER de microrrelatos

O certame literario anima ao alumnado a participar con obras breves, cuxa entrega está aberta ata marzo

Publicado o

Xornal de Compostela

O instituto Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela vén de anunciar a segunda edición do Premio BREVITER de microrrelatos, un concurso que convida aos participantes a explorar a súa identidade dixital baixo o lema “Follow me!”. Esta convocatoria, que conta co apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, está dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos que estean cursando estudos preuniversitarios ou de formación profesional, podendo presentar obras en galego, español, alemán, francés, inglés ou portugués.

As persoas interesadas en participar poderán presentar microrrelatos de ata 100 palabras ou microrrelatos audiovisuais cun máximo de 60 segundos, que deberán estar en liña co tema central desta edición: a representación da identidade persoal nas redes sociais e os dilemas da imaxe pública e privada no ámbito dixital. Tal e como recollen as bases do concurso, os traballos deberán ser creacións orixinais e inéditas e non deberán estar publicadas nin ter recibido premios previos noutros certames.

A presentación de candidaturas estará aberta ata o 1 de marzo de 2025, mediante a cubrición dun formulario de inscrición e a subida do traballo en formato dixital non editábel. A organización estipula que cada participante poderá enviar unha única obra.

O xurado, composto por cinco persoas do ámbito literario e audiovisual, seleccionará os gañadores da categoría literaria e audiovisual, dotados cun premio de 500 euros cada un. O fallo do xurado anunciarase na primavera de 2025 e a entrega de premios terá lugar nun acto público no mes de xuño no propio instituto.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here