InicioSUCESOSDeteñen un home por exhibicionismo dentro dun bus urbano en Santiago

Deteñen un home por exhibicionismo dentro dun bus urbano en Santiago

Foi o condutor do vehículo o que deu aviso á Policía, que se presentou no lugar e detivo ao home

Publicado o

Xornal de Compostela

Un home foi detido este luns en Santiago de Compostela despois de protagonizar un altercado nun autobús urbano, onde, segundo o relato dunha muller que viaxaba no mesmo, mostrou os xenitais e realizou actos obscenos.

O autobús estaba nunha parada regulamentaria na Praza de Galicia cando sucederon os feitos. Ao decatarse do que estaba a suceder, foi o condutor do vehículo o que deu aviso á Policía, que se presentou no lugar e detivo ao home.

Polo menos unha muller denunciou os feitos ante a Policía dado que estes feitos obscenos, segundo a súa propia versión, ocorreron á beira da súa filla menor de idade.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Dúas persoas resultan feridas tras seren atropeladas por un vehículo na rúa Rosalía de Castro

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste venres en Santiago de Compostela tras seren...