InicioSANTIAGOFalece Isabel Rodríguez, propietaria do mítico bar O Filandón

Falece Isabel Rodríguez, propietaria do mítico bar O Filandón

A propietaria do mítico bar compostelán é recordada con agarimo polos seus amigos e familia

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Frecuentado por composteláns, peregrinos, turistas e estudantes, o bar O Filandón, no número 6 da rúa da Acibechería, é unha das reliquias do casco histórico compostelán. Ademais dun lugar onde tomar un bo viño, cear ou probar as súas famosas tostas, O Filandón é tamén vinoteca e tenda de produtos de degustación. Un pequeno local enxebre e tradicional con toda a esencia do casco histórico da capital de Galicia, moi coñecido pola tradición de deixar mensaxes en servilletas de papel na parede.

Este luns o comercio santiagués está de loito tras coñecer o falecemento da súa propietaria, Isabel Rodríguez, dun cancro de pulmón aos 55 anos. Isabel comezou na hostalaría no bar Calviño, no Cantón de San Bieito, rexentándoo coa súa sogra cando faleceu o seu marido. No ano 2000, tralo peche do Calviño, asumiu a xerencia do Filandón ata o día de hoxe, atendendo a turistas e locais como se fosen os seus amigos. Quen a coñecían defínena como “a nai de todos”, unha muller de carácter, pero de corazón enorme.

Segundo puideron confirmar fontes familiares a Xornal de Compostela, posiblemente os fillos continúen á fronte do Filandón.

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto Compostela Monumental quixo sumarse, xunto con familiares e amigos de Isabel Rodríguez, ao pésame aos seus achegados. A Xunta Directiva da asociación amosou así en redes sociais a súa “solidaridade e cariño, nestes momentos tan duros con toda a súa familia, amigos e clientes”.

A familia e amizades de Isabel Rodríguez organizan hoxe, martes, un funeral na súa honra na igrexa parroquial de San Martín de Dornellas, en Silleda, despois do seu traslado ás 16:00 á localidade pontevedresa, onde será enterrada. A capela ardente será na sala 1 do Tanatorio Municipal de Boisaca.

Esquela situada no escaparate do Filandón – Xornal de Compostela

ÚLTIMAS

O Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS recoñecido coa acreditación ISO 15189 pola súa “calidade asistencial”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago...

Antonio López reitera que Galicia debe manter unha única Facultade de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, reafirmou esta fin de...

As obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada afectarán ao tráfico na AC-241, en Teo, desde o vindeiro martes

O avance nas obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada (AG-59) fará necesaria a...

Os edís expulsados do PSOE esixen a Sánchez que se revise o seu caso, pois foi asinado por Santos Cerdán

Os catro edís de Santiago expulsados do PSOE --Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta...

O Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS recoñecido coa acreditación ISO 15189 pola súa “calidade asistencial”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago...

Antonio López reitera que Galicia debe manter unha única Facultade de Medicina

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, reafirmou esta fin de...

Un fallo na matrícula deixa sen bonificación ao seu pago a estudantes da USC, pero Xunta e universidade rectifican

A Xunta chegou a un acordo coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para eludir un dos requisitos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here