InicioSANTIAGOO PP santiagués pedirá a reprobación da alcaldesa no pleno municipal e...

O PP santiagués pedirá a reprobación da alcaldesa no pleno municipal e no Parlamento

"Gustaríanos saber se de verdade a alcaldesa e o BNG seguen crendo que a actuación dos corpos e forzas de seguridade foi excesiva", dixo Verea, que sostivo que o BNG "xa non é capaz de disimular o seu radicalismo"

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, pedirá a reprobación da alcaldesa da capital galega, a nacionalista Goretti Sanmartín, no pleno municipal e no Parlamento de Galicia ao considerar que se situou “xunto aos radicais” que tras a manifestación proPalestina celebrada na cidade “asaltaron un establecemento situado na rúa da Senra e deixaron a nove policías feridos”.

Así o trasladado nun comunicado remitido aos medios no que fai referencia ás palabras da portavoz do goberno local, Míriam Louzao, que tras a protesta lamentou que unha manifestación “moi importante” en favor “da paz” e con miles de participantes, foi “noticia” por uns incidentes que se saldaron con nove detidos. Ademais, sinalou que, “polo que transcendeu e as imaxes”, a intervención policial parecíalle “algo excesiva”.

Nun comunicado, Verea lamentou que a alcaldesa nacionalista preferise defender aos presuntos atacantes violentos en lugar de apoiar o negocio asaltado, cidadáns e policías, “vítimas deses feitos”.

O dirixente popular sostivo que os altercados ocorreron ao finalizar a concentración, “cando algúns participantes se dirixiron cara a un negocio de restauración situado no centro da cidade e, unha vez alí, un grupo de 20 individuos, accedeu ao local portando pancartas, bandeiras, tambores e lanzando panfletos, fustigando aos traballadores e aos clientes que alí estaban”.

Estes incidentes, conforme apunta, requiriron da actuación de varias dotacións da Policía Nacional para que os supostos delincuentes cesasen na súa actitude e permitisen continuar coa actividade ordinaria do local, pero, como resultado, “nove policías foron feridos, un deles co cóbado roto”.

Para o popular, resulta inconcibible que, despois destes feitos, a portavoz do BNG, “referendada pola alcaldesa”, decidise cualificar a actuación policial de “algo excesiva”, e lembrou que, segundo un sindicato policial, estes portaban “cadeas metálicas con mosquetón” e “tesoiras e navallas”.

“Gustaríanos saber se de verdade a alcaldesa e o BNG seguen crendo que a actuación dos corpos e forzas de seguridade foi excesiva”, dixo Verea, que sostivo que o BNG “xa non é capaz de disimular o seu radicalismo”.

Ante o Comité Executivo do PP local, Verea trasladou que “como sempre, o BNG colócase dodne máis cómodo sente, cos radicais e os violentos” como, na súa opinión, demostra o feito de que “tampouco houbese palabras para os traballadores do negocio asaltado nin contra as pintadas vandálicas que fixeron”.

“Santiago non merece unha alcaldesa que se pon ao lado dos presuntos delincuentes violentos e non defende á maioría dos veciños”, sinalou Verea. “O BNG goberna só para os seus amigos e a súa axenda radical, esquecendo que perderon claramente as eleccións con seis concelleiros de 25, sen aceptar que non representan o sentir maioritario de Compostela, que sempre se situou á beira das forzas e corpos de seguridade do Estado que traballan para garantir a seguridade de todos”, afirmou.

Ademais, mostrouse convencido de que “moito do socialismo compostelán” está “arrepiado” coas “prácticas radicais deste BNG de Santiago, que está ah polos votos do seu partido.

ÚLTIMAS

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha manifestación contra os recortes o 26 de outubro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocou unha gran manifestación para o...

Unha exposición exhibe no Pazo de Fonseca imaxes dos 25 bens patrimonio inmaterial recoñecidos no Estado

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas! reivindicou este xoves 17 de outubro, primeiro Día Internacional...

O BNG organiza unha xornada sobre a menopausa para visibilizar esta etapa do ciclo vital feminino

O BNG de Santiago organiza este venres 18 de outubro a xornada formativa titulada...

O Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan unha conversa sobre o futuro xeopolítico de Europa

O Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza este xoves...

Unha exposición exhibe no Pazo de Fonseca imaxes dos 25 bens patrimonio inmaterial recoñecidos no Estado

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas! reivindicou este xoves 17 de outubro, primeiro Día Internacional...

O Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia organizan unha conversa sobre o futuro xeopolítico de Europa

O Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza este xoves...

A USC abre o prazo de inscrición para as sesións de conversa en inglés e francés do Centro de Linguas Modernas

O Centro de Linguas Modernas da USC ten aberto o prazo de inscrición nas...