InicioCULTURAGalicreques arranca con funcións escolares e 18 espectáculos programados

Galicreques arranca con funcións escolares e 18 espectáculos programados

O festival ofrecerá actuacións en diversos espazos de Santiago, como o Teatro Principal e a Carpa da Alameda, e contará coa participación de compañías internacionais de Portugal, Ecuador e Arxentina.

Publicado o

Xornal de Compostela

Festival Internacional de Monicreques Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde coa colaboración do Concello de Santiago, da Xunta, da Deputación da Coruña, do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais (Inaem), de Iberescena e da Fundación SGAE, inicia este luns a súa programación de funcións ao que asistirán preto de 1.500 alumnos. En concreto, haberá 18 espectáculos que se poderán ver no Teatro Principal, na Carpa da Alameda, na Fundación SGAE e no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Serán catro as funcións escolares previstas para este luns e tres delas comezarán ás 11:30 horas. O artista portugués Rui Sousa será o encargado de iniciar a xornada con ‘As marionetas tambén tém Coraçao’, mentres que a Fundación SGAE recibirá á compañía ecuatoriana Titiritainas para representar ‘Dentes de Leite e o CSC acollerá a Luís Vallecillo e a súa obra ‘Pupptes, Music&Blues. Ás 1:00 horas, o Teatro Principal ofrecerá ‘Emotivas’, unha montaxe dos galegos de Titiritres. Esta obra estrearase para o público xeral ás 18.00 horas no Teatro Principal.

Pola súa banda, ‘Emotivas’ é un espectáculo que a través de tres amigas (Melancolía, Irritación e Seguridade) descóbrese o que son as emocións, como fan sentir e a súa complexidade.

Tamén ás 18:00 horas, pero no CSC A Peregrina, Ocelot Teatro (O Salvador) ofrecerá a súa montaxe ‘O Home Machada‘, un espectáculo familiar que conciencia sobre a conservación dos bosques, a natureza e o medioambiente.

Para pechar a xornada, os arxentinos de Tres Tigres representarán ‘Desde o Altillo. Historia dun Exilio’ na Carpa da Alameda dentro do Cara Bé, programa específico de Galicreques para o público adulto. Neste caso, a obra trata a experiencia de vida da actriz, as peripecias que como nena tivo que vivir xunto a 25 membros da súa familia, abandonando o país de orixe para comezar un longo camiño cara ao asilo-exilio político en Cidade de México.

ÚLTIMAS

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...