InicioSANTIAGOA USC organiza hoxe unha xornada sobre xestión innovadora da investigación

A USC organiza hoxe unha xornada sobre xestión innovadora da investigación

Expertos debaterán sobre os retos actuais e a transferencia do coñecemento no Centro de Estudos Avanzados de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro de Estudos Avanzados de Santiago de Compostela acollerá hoxe, venres 11 de outubro, as Xornadas de Xestión Innovadora da Investigación, un evento organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) para poñer en común experiencias e buscar fórmulas que melloren a xestión da investigación no ámbito público. Estas xornadas xorden tras a modificación da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación en 2022, que busca aumentar a competitividade do sistema español de ciencia e mellorar a transferencia de coñecemento.

A xornada comezará ás 9:30 horas coa intervención do reitor da USC, Antonio López, acompañado pola vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo Barrera, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Seguiralle o relatorio inaugural a cargo de Javier Ferreira Fernández, catedrático de Dereito Administrativo e xerente da USC, sobre os retos normativos da investigación.

O evento contará tamén con mesas redondas nas que participarán expertos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), do CITMAga e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, entre outros. Pola tarde, debaterase sobre a transferencia do coñecemento, coas intervencións de representantes das universidades galegas e de entidades como Unirisco e GAIN.

Os interesados en asistir poderán solicitar acreditación a través do formulario dispoñible na web do evento.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Casa 47 ofrece nove vivendas en Teo con alugueiros de entre 486 e 644 euros ao mes

Nove vivendas de Teo forman parte da nova convocatoria de alugueiro asequible de Casa...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here