InicioPOLÍTICAVerea defende o proxecto do carril bici entre Milladoiro e Santiago como...

Verea defende o proxecto do carril bici entre Milladoiro e Santiago como clave para a mobilidade

O líder do Partido Popular destaca a importancia desta obra, insistindo na súa continuidade e cumprimento normativo

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reafirmou hoxe a importancia do proxecto do carril bici e peonil que conectará Milladoiro con Santiago, describíndoo como “o maior investimento actual en Compostela” e subliñando que terá un impacto significativo na mobilidade da capital galega. Verea resaltou que, malia as críticas iniciais do goberno local e os seus socios, este proxecto, do que se falaba desde hai máis de 20 anos, xa está en marcha. “Dicíanme que non se ía facer, que era imposible, e aí está, estase executando”, ironizou o popular.

Verea lembrou que foi el quen impulsou este proxecto, defendéndoo desde o principio tanto no Parlamento como na Xunta de Galicia. Ademais, fixo fincapé en que a execución debe facerse “legalmente e cumprindo a normativa”, garantindo que as administracións responsables estean suxeitas a estas regulacións para asegurar que a infraestrutura sexa aproveitada por toda a cidadanía.

En resposta ás propostas doutros partidos para modificar o traxecto, Verea foi claro: “Os modelos de mobilidade alternativa funcionan cando hai continuidade. Se se fan parches, como en Fontiñas ou Xoán XXIII, non funcionan igual de ben”. Subliñou que o trazado actual é o único que asegura esa continuidade, e confía en que o proxecto se complete coas mellores garantías.

Tamén advertiu que sería un erro deixar o proxecto a medias ou mal rematado, insinuando que o goberno local podería caer nesa “tentación”. “Estes proxectos transformadores hai que rematalos completamente e cumprindo sempre a normativa”, engadiu.

O líder do PP compostelán rematou afirmando que quen apoie a súa candidatura estará votando por “proxectos transformadores” que poñen a Compostela á vangarda da mobilidade europea.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here