InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago prescinde do interventor municipal tras non concederlle a...

O Concello de Santiago prescinde do interventor municipal tras non concederlle a prórroga de servizo

O goberno de Goretti Sanmartín aposta por un perfil máis moderno e proactivo no control da xestión municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno municipal de Santiago, encabezado por Goretti Sanmartín, decidiu non conceder a prórroga solicitada polo interventor municipal, Juan Ramón González Carnero, quen ocupa o cargo desde 2012. González Carnero, que cumpriu os 65 anos, solicitara unha extensión no seu posto tras unha primeira prórroga que lle fora outorgada polo anterior alcalde, Sánchez Bugallo. Con todo, o actual goberno municipal rexeitou a súa petición, citando a necesidade de contar cun perfil máis moderno e adaptado aos cambios organizativos que está a levar a cabo o Concello.

A decisión, tomada en agosto tras un informe que resaltaba a importancia de incorporar un profesional máis proactivo no uso da tecnoloxía e máis activo no desenvolvemento de instruccións técnicas, implica que González Carnero deixará o seu posto o próximo 14 de setembro. A praza será cuberta en comisión de servizos, un proceso xa iniciado polo Concello.

Durante o seu mandato, o interventor chamou a atención sobre diferentes aspectos da xestión municipal, incluíndo procedementos administrativos cuestionables e problemas relacionados coa planificación orzamentaria.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here