InicioPOLÍTICARaxoi presenta os tres retos prioritarios do goberno local para o curso...

Raxoi presenta os tres retos prioritarios do goberno local para o curso político

A alcaldesa de Santiago subliña a necesidade de coidar a cidade, fomentar o desenvolvemento económico e poñer á veciñanza no centro das políticas municipais

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou hoxe os tres grandes retos que o goberno local se marca para o curso político que comeza. Baixo o lema ‘Compostela, orgullosa de se’, Sanmartín destacou que o obxectivo principal é coidar e mellorar o que xa ten o concello, así como asentar as bases para un futuro sustentable e equitativo.

A rexedora subliñou que estes tres retos “non son só un desexo de futuro, senón un compromiso político” co que pretende garantir un mellor benestar para a cidadanía compostelá.

O primeiro reto, titulado ‘unha mellor Compostela onde vivir’, engloba accións relacionadas co acceso á vivenda, mellora da mobilidade, sustentabilidade, mantemento de infraestruturas e espazos públicos. O segundo, ‘continuar xerando oportunidades para o desenvolvemento económico’, céntrase na creación dun nodo loxístico que garantirá a sustentabilidade dos servizos e o apoio ao tecido económico local, fomentando tamén o emprendemento.

Finalmente, o terceiro reto, ‘que a veciñanza sexa o centro das políticas municipais’, busca facer que a Administración sexa “máis amigable” e asegure que os veciños, especialmente os máis vulnerables, sexan “o centro das políticas municipais”.

Durante a rolda de prensa, Sanmartín tamén destacou que “debaixo de cada reto hai proxectos concretos que xa están en marcha ou que se van a desenvolver proximamente”, como a reforma do Estadio de San Lázaro e a intervención no campo de fútbol As Cancelas, entre outros.

Ademais, a alcaldesa anunciou a celebración dun pleno extraordinario este outono para tratar o estado do municipio, co obxectivo de manter á cidadanía “informada” e promover a súa participación activa. “Estamos plenamente comprometidos coa transparencia,” concluíu Sanmartín.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...