InicioPOLÍTICAMaría Baleato critica o BNG pola súa oposición á senda que unirá...

María Baleato critica o BNG pola súa oposición á senda que unirá Santiago co Milladoiro

A concelleira do PP acusa aos nacionalistas de bloquear unha infraestrutura clave para a mobilidade e o desenvolvemento da área

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular, María Baleato, expresou hoxe o seu rexeitamento á oposición do BNG á senda peonil que conectará a estación Intermodal de Santiago co Milladoiro. Baleato considera que esta infraestructura, cun investimento de 13 millóns de euros, é esencial para a modernización do transporte na área e lamenta que a negativa dos nacionalistas responda a “cuestións políticas”.

Baleato subliñou que a senda, que beneficia tanto a Santiago como ao seu arredores, “representa un avance importante para a mobilidade na capital de Galicia e o seu contorno”. A edil popular tamén destacou que a oposición do BNG ao proxecto “é unha cuestión política”, xa que “coñecen sobradamente a importancia desta infraestrutura, pero rexeítana por ser unha proposta do líder do PP local, Borja Verea”.

A concelleira desmentiu as afirmacións do BNG sobre o informe de Patrimonio Cultural, que segundo ela, “é favorable ao paso da vía polo barrio de Conxo”. En resposta ás críticas dos nacionalistas, Baleato defendeu que o proxecto “é o mellor exemplo do que pode conseguir un goberno liderado por Verea, que conseguiu para esta senda peonil unha significativa inversión”.

Finalmente, Baleato acusou ao BNG e aos seus socios de “decepcionar aos veciños e veciñas de Compostela”, afirmando que opoñerse a esta vía é “renunciar a un futuro verde, sostible e alternativo” para a cidade.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

O PP cifra en máis de 250 os asistentes á súa III Romaría e Verea chama a intensificar o traballo para as municipais

O PP de Santiago celebrou este sábado a súa III Romaría Popular, unha cita...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here