InicioPOLÍTICARaxoi reitera o seu rexeitamento á senda entre Milladoiro e San Caetano...

Raxoi reitera o seu rexeitamento á senda entre Milladoiro e San Caetano que atravesa o bosque do Banquete de Conxo

A rexedora tamén se manifestou sobre a posible reapertura da sala Malatesta

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reiterou este luns o rexeitamento do seu goberno á senda peonil que une Milladoiro e San Caetano e que atravesa o bosque do Banquete de Conxo.

“O concello nunca estivo a favor desa senda”, esgrimiu ante as preguntas dos medios a rexedora nacionalista, que considera que “pode haber outros espazos alternativos, outras rutas” para a senda. “Isto foi o que alegou o Concello no seu momento”, explicou, xa que á administración local gustaríalle que o proxecto “fose mellor” que o que está encima da mesa.

Con todo, aínda que a Xunta decidiu seguir adiante, Sanmartín lembrou que hai unha “aprobación maioritaria” na corporación na que se solicita a procura de “trazados alternativos” nalgunha das zonas polas que discorre a senda.

Nesta liña, reiterou que a súa administración confía na existencia desas alternativas, principalmente porque entende as queixas veciñais sobre os lugares polos que pasa a senda, que “non son os máis apropiados”.

“A Xunta de Galicia é coñecedora deste tema e sabe perfectamente tamén o pronunciamento maioritario da corporación de Santiago a este respecto”, subliñou, polo que solicitou “unha alternativa que poida estudar”.

REAPERTURA SALA MALATESTA

Por outra banda, a rexedora tamén se manifestou sobre a posible reapertura da sala Malatesta, que leva pechada desde marzo despois de comprobar un exceso de decibeis por parte do local. No seu momento, Raxoi ordenou clausurar a sala ata que levasen a cabo melloras de illamento acústico para evitar os excesos xa mencionados.

“No seu día decidiu pecharse este local despois dunha comprobación respecto dalgúns problemas que había e requiríuselles aos responsables que debían solucionar para poder reabrir”, explicou Sanmartín.

Con todo, indicou que o concello ten coñecemento de que a empresa “ten a intención de emendar” eses erros, polo que a administración local xa ten coñecemento desa “vontade” e “estará pendente” da evolución desta cuestión.

ÚLTIMAS

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

Sanmartín reclama á Xunta que transfira a Santiago os fondos estatais destinados ás zonas tensionadas

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reclamou este venres que os fondos que o...

Rozas defende que Santiago xestione directamente os fondos estatais de vivenda

A tenenta de alcaldesa de Santiago, María Rozas, defendeu que o Concello poida xestionar...