InicioPOLÍTICAO PSdeG insiste en que o expediente aos edís seguirá "con rigorosidade"...

O PSdeG insiste en que o expediente aos edís seguirá “con rigorosidade” os estatutos do partido

A secretaria de Organización adxunta do PSdeG, Ana Pena, rexeitou pronunciarse sobre o expediente aberto aos concelleiros socialistas do Concello de Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

A secretaria de Organización adxunta do PSdeG, Ana Pena, rexeitou pronunciarse sobre o expediente aberto aos concelleiros socialistas do Concello de Santiago e limitouse a sinalar que “seguirá con rigorosidade” os estatutos do partido. Preguntada respecto diso nunha comparecencia ante os medios na sede do PSdeG, a socialista dixo que é unha cuestión que compete ao órgano provincial e remitiuse á postura da dirección provincial, que a pasada semana celebrou unha executiva na que abordou o asunto das vivendas turísticas.

“A cuestión de Santiago é que é un expediente que está aberto no partido. Compete neste caso ao órgano provincial que xa fixo as súas declaracións”, afirmou para asegurar que “por responsabilidade” a dirección non fará máis declaracións do “procedemento” ata que conclúa.

Neste punto, preguntada sobre se o proceso podería finalizar coa expulsión dos seis concelleiros (a totalidade da representación do partido no Consistorio compostelán), dixo que o expediente seguirá “con rigorosidade” os estatutos do partido. “Non sabemos a situación que se pode dar. Seguiranse os criterios que se establecen nos estatutos e, unha vez que o procedemento conclúa, pois faremos as declaracións que sexan correspondentes e oportunas”, indicou. Por último, sobre se considera que hai marxe para recompor a situación, dixo que “hai marxe para todo”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...