InicioPOLÍTICAO PP gañaría os comicios europeos pola mínima co 32,4% dos votos,...

O PP gañaría os comicios europeos pola mínima co 32,4% dos votos, segundo a enquisa de Sigma Dos

O PSOE de Teresa Ribera quedaría co 30,2% e o escano de Ana Miranda, está no aire

Publicado o

Xornal de Compostela

Victoria pola mínima para o Partido Popular que obtería entre 21 e 23 escanos, cun 32,4% dos votos, segundo a enquisa de Sigma Dos. En segundo lugar, a sondaxe outorga 2,2 puntos menos ao Partido Socialista de Teresa Ribera, que quedaría con entre 20 e 22 escanos. Se isto remata así, os populares case dobrarían os 12 eurodiputados alcanzados no 2019, mentres que os socialistas manterían os 20 ou incluso poderían subir ata 2.

A terceira foza sería Vox, que tamén multiplicaría por dous os seus actuais tres escanos. En Galicia, o partido de Abascal sobe 2,5 puntos, quedando no 5,1%, por baixo do porcentaxe a nivel estatal. Sumar lograría entre tres e catro representantes, e Podemos dous ou tres. A candidatura de Se acabó la fiesta podería entrar no Parlamento Europeo como novidade, ao obter entre dous e tres representantes. Junts lograría un eurodeputado e a Coalición por unha Europa Solidaria tamén o mesmo.

En Galicia, o PP subiría 7,5 puntos, ata o 37,5% dos votos, mentres que o PSOE baixaría catro. O BNG, integrado na coalición Agora Repúblicas (ERC, BNG e EH Bildu), conseguiría 4,3% dos votos, polo que subiría 2,5 puntos respecto a 2019. Porén, o actual escano de Ana Miranda está no aire, xa que a sondaxe lle outorga a esa coalición entre dous e tres representantes e a nacionalista figura no número tres da lista.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here