InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín volvería ser alcaldesa se hoxe se repetisen as eleccións

Goretti Sanmartín volvería ser alcaldesa se hoxe se repetisen as eleccións

Os nacionalistas volverían ser a segunda forza na cidade, aínda que con dous concelleiros máis, mentres que os de Borja Verea manterían a maioría simple con 11

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Segundo publicou unha enquisa de Sondaxe, recollida e publicada este domingo polo diario La Voz de Galicia, o BNG volvería obter o apoio suficiente da cidadanía compostelá para gobernar a cidade. De feito, segundo os resultados desta enquisa, parece que o faría con dous concelleiros máis (actualmente ten 6 e pasaría a ter 8), dous concelleiros que perdería o PSOE, pasando a ser así terceira forza no Concello.

Pola súa banda, se hoxe se repetisen as eleccións, o PP de Borja Verea acadaría de novo a maioría de votos. Porén, isto non permitiría que Verea fose investido alcalde, xa que os 11 escanos que lle vaticina a enquisa (os mesmos que acadou nos últimos comicios) quedarían aínda a 2 da maioría absoluta.

Nas pasadas eleccións, o BNG obtiña 6 concelleiros e daba un sorpasso aos socialistas de Sánchez Bugallo. E parece que esta subida do BNG sería só un preludio do que a intención de voto despois nos diría. O BNG seguiría subindo, coméndolle escanos ao PSOE. Manteríanse, por outra banda, PP e Compostela Aberta, cos mesmos edís. Estes resultados para o PSOE lembran aos que obtivo no ano 2015, no que obtivera o mesmo número de concelleiros, aínda que o Goberno local por aquel entón pasase a ser gobernado coa maioría de Compostela Aberta.

Cos resultados que propón esta enquisa non habería moito cambio no goberno local, xa que o reparto de escanos para a esquerda e a dereita quedaría igual de repartido que agora (11 para a dereita do Partido Popular e 14 para a esquerda de PSOE, BNG e CA).

Esta enquisa dálle ao PP un 39,2% dos votos, mentres que o BNG, como segunda forza, levaría o 28,5%. Pola súa parte, o PSOE quedaría co 17,2% e Compostela Aberta co 9,1%.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

Sanmartín reclama á Xunta que transfira a Santiago os fondos estatais destinados ás zonas tensionadas

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reclamou este venres que os fondos que o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here