InicioPOLÍTICAO PP pide acelerar o novo transporte urbano e esixe manter a...

O PP pide acelerar o novo transporte urbano e esixe manter a gratuidade para maiores de 65 anos

Borja Verea reclama que o Concello complete canto antes os trámites para activar o novo servizo, pero avisa de que os populares non apoiarán unha ordenanza tarifaria que elimine este beneficio

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reclamou ao goberno municipal que axilice os trámites pendentes para poñer en marcha o novo contrato do transporte urbano, despois de quedar desbloqueado o procedemento de adxudicación. Ao mesmo tempo, advertiu de que o seu grupo non apoiará cambios nas tarifas que supoñan a eliminación da gratuidade para as persoas maiores de 65 anos.

O portavoz popular considera que o avance do expediente permite abrir unha nova etapa para un servizo que continúa funcionando cun contrato caducado desde hai aproximadamente unha década. Nese contexto, pediu ao executivo municipal que complete os procedementos necesarios para que a nova concesión poida traducirse canto antes na incorporación dos autobuses previstos, na reorganización das rutas e na mellora das frecuencias.

“Queremos que o novo transporte urbano entre en funcionamento canto antes, porque Santiago non pode seguir esperando. Pero esa axilidade debe ser compatible coa defensa dos dereitos dos usuarios”, manifestou Verea.

O PP sitúa entre as súas principais preocupacións o sistema tarifario que deberá acompañar a posta en funcionamento do novo contrato. Segundo expuxo Verea, a aplicación das novas condicións podería facer que as persoas maiores de 65 anos deixasen de contar coa gratuidade total que teñen actualmente no transporte urbano compostelán.

“Modernizar o transporte público non pode significar encarecelo nin deixar atrás os nosos maiores. Queremos un servizo mellor e queremos que chegue canto antes, pero non a costa de perder dereitos”, sinalou o dirixente popular.

Verea tamén se referiu aos pasos administrativos que aínda debe completar o Concello antes de activar o novo modelo. Segundo indicou, os informes de Secretaría e Intervención recollen a necesidade de aprobar as tarifas a través dunha ordenanza municipal antes da entrada en funcionamento do servizo.

Esa ordenanza deberá ser sometida á consideración do Pleno da Corporación, un escenario no que o goberno formado por BNG e Compostela Aberta dispón de oito representantes e, polo tanto, precisa sumar apoios doutras formacións para sacar adiante a proposta.

Neste contexto, o PP avanzou a súa posición de cara á negociación. Verea definiu o mantemento da gratuidade para maiores de 65 anos como unha “liña vermella” e asegurou que os once concelleiros populares non respaldarán unha ordenanza que elimine esa condición.

“Non imos poñer obstáculos á chegada do novo transporte urbano. Ao contrario: pedimos ao goberno que actúe con axilidade. Pero tamén lle esiximos que garanta que a mellora do servizo non se faga a costa dos usuarios”, afirmou.

O líder do PP compostelán engadiu que, se o Pleno aproba finalmente unha regulación que suprima a gratuidade para este colectivo co apoio de BNG, PSOE, Compostela Aberta e as concelleiras non adscritas, o seu partido comprométese a recuperala no seguinte mandato no caso de acceder ao goberno municipal.

“Se BNG, PSOE, concelleiras non adscritas e Compostela Aberta deciden quitarlles este dereito aos maiores, en maio de 2027 reporémolo”, concluíu Verea.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here