InicioPOLÍTICAMuíños advirte de que o desvío de autobuses cara a San Roque...

Muíños advirte de que o desvío de autobuses cara a San Roque pode provocar retencións coa volta ao cole

O concelleiro non adscrito cuestiona os cambios na mobilidade e reclama ao Concello que escoite a comunidade educativa, a veciñanza e o sector do transporte antes do inicio do curso

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro non adscrito de Santiago, Gonzalo Muíños, advertiu das posibles consecuencias que, ao seu xuízo, terá na circulación da cidade o desvío de arredor de 500 frecuencias diarias de autobús cara á contorna de San Roque e do colexio La Salle, especialmente coa proximidade do inicio do curso escolar.

Muíños sostén que a reorganización do tráfico pode provocar importantes problemas nunha zona que xa soporta unha elevada intensidade de circulación. “Advertímolo dende o inicio. A improvisación ía traer problemas graves”, afirmou o edil.

Segundo explicou, a concentración de autobuses e doutros vehículos neste itinerario podería xerar retencións desde San Roque en dirección aos Concheiros unha vez que se recupere a actividade habitual dos centros educativos. “Desviar case frecuencias de 500 autobuses ao día, e todo o tráfico cara a San Roque e ao colexio La Salle, vai crear un embudo que na volta ao cole chegará ata Concheiros”, declarou.

O concelleiro lembrou ademais que unha modificación similar da circulación xa se aplicara durante unhas obras na contorna e que daquela se rexistraran problemas de tráfico coincidindo coa actividade escolar. Para Muíños, este antecedente debería ser tido en conta polo Concello á hora de organizar os novos percorridos.

Neste sentido, considera que o Goberno municipal debe anticiparse aos posibles efectos da medida e revisar a planificación antes de que comece o curso. “Raxoi non pode xestionar a mobilidade con ensaio e erro”, sinalou.

Muíños reclama que, antes de consolidar os cambios, o Executivo compostelán recolla a opinión dos colectivos directamente afectados, entre eles os centros escolares, os residentes da zona e as empresas e profesionais vinculados ao transporte.

“Exiximos que escoiten a comunidade educativa, a veciñanza e o sector do transporte antes de que o inicio do curso sexa un caos”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago sanciona con máis de 99.000 euros a empresa encargada das obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago de Compostela acordou impoñer dúas sancións á empresa Marconsa, responsable...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Pedro Blanco inicia unha rolda de visitas aos comercios de Santiago para elaborar un plan de apoio ao sector

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, presentou este...

Pedro Blanco recolle en Vista Alegre as demandas veciñais sobre mobilidade, mantemento e servizos públicos

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, mantivo un...

Mercedes Rosón, ante a candidatura de Guinarte ao Senado: “Xa sabemos cal é o pago polos servizos prestados”

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, a exsocialista Mercedes Rosón, reaccionou ao...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here