InicioPOLÍTICAVerea comprométese a retirar os radares de Conxo se chega á Alcaldía...

Verea comprométese a retirar os radares de Conxo se chega á Alcaldía en 2027

O líder do PP de Santiago vincula a medida ao aumento das sancións destes dispositivos, que cifra nun 100%, e critica o modelo de mobilidade do goberno municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reafirmou este venres o seu compromiso de retirar os radares instalados en Conxo no caso de acceder á Alcaldía tras as eleccións municipais de 2027. O portavoz popular realizou este anuncio despois de sinalar que o número de multas asociadas a estes dispositivos pasou de 10.000 a 20.000, o que suporía un incremento do 100%.

“En xuño de 2027 non haberá radares en Conxo”, asegurou Verea, que situou esta cuestión entre as medidas que pretende adoptar no caso de que o PP consiga gobernar o Concello de Santiago no próximo mandato.

O representante popular relacionou o incremento das sancións coa política que, ao seu xuízo, está a desenvolver o executivo municipal de BNG e Compostela Aberta. “Levamos meses advertindo do cambio de modelo deste goberno municipal, cada vez máis baseado na sanción e na recadación. Os datos que imos coñecendo confirman que non estabamos equivocados”, afirmou.

Verea lembrou tamén que o seu grupo xa levou ao Pleno municipal unha proposta para retirar de maneira inmediata os radares de Conxo, unha iniciativa que non contou co respaldo necesario do resto das formacións da Corporación. O PP mantén agora esa posición como compromiso de cara ao próximo mandato.

“Dixémolo antes, defendémolo no Pleno e mantémolo agora: cando sexamos goberno retiraremos os radares de Conxo”, indicou o líder dos populares composteláns.

O PP enmarca a situación destes dispositivos nun debate máis amplo sobre o modelo municipal de mobilidade e control do tráfico. Verea apuntou que o aumento das sancións se produce ao mesmo tempo que o Concello prevé incorporar novos radares e estima un incremento dos ingresos procedentes das multas.

O portavoz popular defendeu que a redución da velocidade e a protección dos peóns deben continuar formando parte das políticas de seguridade viaria, aínda que apostou por empregar outras ferramentas antes que a sanción. “Defendemos a seguridade viaria, protexer aos peóns e reducir a velocidade onde sexa necesario, pero existen medidas preventivas e disuasorias máis eficaces que limitarse a poñer radares e sancionar”, sinalou.

Neste sentido, Verea sostivo que o obxectivo das actuacións municipais debería ser diminuír progresivamente o número de infraccións. “Un bo goberno debería aspirar a que cada vez houbese menos multas, non a ingresar cada vez máis a través delas”, engadiu.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here