InicioPOLÍTICAO PP reclama unha reforma integral do cemiterio de Boisaca e cuestiona...

O PP reclama unha reforma integral do cemiterio de Boisaca e cuestiona o seu mantemento

Os populares aseguran que o recinto precisa melloras na sinalización, nos accesos entre sepulturas e na retirada de vexetación, e comprométense a acometer unha renovación completa

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago reclamou unha actuación de maior alcance no cemiterio municipal de Boisaca, ao considerar que o estado actual do principal recinto funerario da capital galega require novas intervencións en materia de conservación, accesibilidade e sinalización.

As concelleiras populares María Baleato e Olaya Otero visitaron as instalacións para comprobar o seu estado e defenderon a necesidade de acometer unha renovación integral do recinto. O grupo municipal comprometeuse a impulsar esa reforma co obxectivo, segundo indicou, de “adecualo e dignificalo”.

Baleato puxo o foco no actual servizo de conservación e mantemento. Segundo explicou, o contrato municipal foi prorrogado ata o 31 de maio de 2026 mediante unha orde de continuidade e inclúe diferentes obrigas relacionadas coa conservación das instalacións.

Entre esas tarefas figuran o mantemento dos bloques de nichos, a eliminación de vexetación e malas herbas, a limpeza e reparación das cubertas e distintos traballos para ordenar o recinto. O contrato tamén contempla a numeración de sepulturas e nichos seguindo as directrices municipais, segundo detallou a edil.

A concelleira do PP considera, con todo, que as actuacións realizadas ata agora non solucionan as necesidades existentes. “A imaxe global do cemiterio municipal debería ser mellor, e aínda que se fixeron actuacións, estas non son suficientes”, afirmou Baleato, que defendeu a necesidade de executar reformas de maior calado nun espazo que cualificou como moi respectado pola veciñanza compostelá.

Un dos problemas sinalados polo grupo popular é a localización das sepulturas e dos nichos. Baleato sostén que o sistema actual de sinalización dificulta que as persoas usuarias poidan orientarse dentro do cemiterio.

“O goberno nacionalista ten que actuar en materia de sinalización, posto que resulta completamente imposible atopar un nicho ou unha sepultura dun xeito sinxelo, xa que a numeración non é correlativa, nin responde a unha orde coherente”, manifestou.

O PP tamén reclama intervencións nos pasos existentes entre as sepulturas en terra, que, segundo a súa valoración, presentan deficiencias que complican o tránsito polo recinto. O grupo municipal advirte de que esta situación pode aumentar o risco de caídas para quen accede a determinadas sepulturas.

“Tamén é preciso acondicionar os pasos intermedios entre as sepulturas en terra, que se atopan en moi malas condicións e dificultan o acceso ás mesmas, co conseguinte risco de caídas así como a retirada das malas herbas de nichos e sepulturas”, indicou Baleato.

Os populares reclaman así ao Goberno municipal de Santiago que reforce os traballos de mantemento durante a vixencia do actual contrato e que avance nunha intervención máis ampla sobre Boisaca. O PP asegura que, de asumir responsabilidades de goberno, acometería unha renovación completa do cemiterio, incidindo especialmente na ordenación, a sinalización, os accesos e a conservación dos distintos espazos funerarios.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

O PP alerta de novos problemas vinculados á droga en Laraño e Conxo e pide máis actuación municipal

O Partido Popular de Santiago volveu reclamar este venres unha maior intervención do Concello...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here