InicioPOLÍTICABorja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do PP local critica que o Goberno municipal tarde unha media de 112 días en aboar as facturas e advirte das consecuencias para autónomos e pequenas empresas

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período medio de pagamento aos provedores do Concello por baixo dos 20 días. O voceiro popular considera que o feito de que o actual Goberno municipal tarde unha media de 112 días en pagar as súas facturas evidencia “un problema de funcionamento e de xestión” con consecuencias directas para autónomos, pequenas e medianas empresas e profesionais que prestan servizos á Administración local. “Non estamos a falar simplemente dunha cifra ou dun indicador administrativo. Estamos a falar de persoas que fan un traballo, que teñen nóminas, impostos e gastos que pagar e que poden ter que agardar case catro meses para cobrar”, criticou Verea.

REORGANIZACIÓN INTERNA E MENOS BUROCRACIA

Para reducir os prazos, o líder do PP propón reorganizar o funcionamento interno do Concello, reducir a burocracia e mellorar a coordinación entre os distintos departamentos municipais. A súa proposta inclúe tamén simplificar os procedementos administrativos e establecer un seguimento constante das facturas pendentes. Verea defende que estas medidas permitirían axilizar os pagamentos e evitar que as demoras da Administración municipal recaian sobre a tesouraría de autónomos, empresas e profesionais.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

O Concello de Santiago concedeu licenza á cooperativa Porto Sur para construír 33 vivendas...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

O Concello destina máis de 727.000 euros a mellorar os centros educativos durante o verán

O Concello de Santiago está a aproveitar o período sen actividade lectiva de xullo...

Ames abre as axudas de ata 1.500 euros para familias numerosas e monoparentais

O Concello de Ames mantén aberto ata o próximo 14 de setembro o prazo...

O PP acusa o goberno de Santiago de rexeitar oportunidades de diálogo coa Xunta

O Partido Popular de Santiago criticou este luns a ausencia do goberno municipal na...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...

O PP acusa o Goberno central de chegar tarde á preparación do Xacobeo 2027 e reclama máis investimentos para Santiago

O Partido Popular realizou este venres un balance da colaboración do Goberno de España...