InicioPOLÍTICAO PP defende que Santiago aproveite a relación con Portugal para atraer...

O PP defende que Santiago aproveite a relación con Portugal para atraer talento e investimento

O líder popular Borja Verea mantivo en Bruxelas unha conversa coa eurodeputada portuguesa Ana Miguel Pedro sobre cooperación atlántica, universidade, innovación e mundo lusófono

Publicado o

Xornal de Compostela

O PP de Santiago defendeu a necesidade de reforzar a dimensión internacional da capital galega e de aproveitar con maior intensidade os vínculos históricos, culturais e lingüísticos entre Galicia e Portugal. O líder da formación en Compostela, Borja Verea, trasladou esta posición durante unha conversa mantida en Bruxelas coa eurodeputada portuguesa Ana Miguel Pedro, do CDS-Partido Popular.

Segundo informou o partido, o encontro serviu para abordar as posibilidades de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal en sectores considerados estratéxicos, entre eles a innovación, a universidade, a biotecnoloxía e a captación de talento. Verea incidiu en que Santiago, pola súa condición de capital galega, cidade universitaria e espazo de coñecemento, debe ter unha presenza máis activa neste ámbito.

“Santiago é unha cidade aberta ao mundo e debe aproveitar moito mellor a súa posición internacional e a súa conexión natural con Portugal para xerar novas oportunidades”, afirmou o representante popular.

Na súa intervención, Verea situou a relación entre Galicia e o norte portugués como un eixo con capacidade para xerar actividade económica, académica e cultural. Nese sentido, considerou que ambos territorios conforman un dos espazos de colaboración con maior dinamismo da fachada atlántica europea e sinalou que Compostela debe procurar un papel máis destacado nesa realidade compartida.

O líder do PP compostelán tamén puxo o foco no mundo lusófono, integrado por máis de 300 millóns de persoas en Europa, América, África e Asia. Ao seu xuízo, Galicia dispón dunha posición diferencial para intensificar os vínculos con ese espazo pola proximidade lingüística e cultural con Portugal.

“Entre Galicia e Portugal hai moito máis ca unha fronteira. Hai unha relación histórica, cultural e humana que debemos converter tamén nunha oportunidade de futuro para Santiago”, sinalou Verea.

O PP sostén que a proxección exterior da cidade debe apoiarse non só na súa condición de destino internacional, senón tamén na súa capacidade para establecer alianzas en ámbitos económicos, universitarios e culturais. Nesa liña, Verea defendeu que Santiago actúe con maior ambición no escenario atlántico e incremente a súa presenza en espazos de cooperación vinculados a Portugal e á lusofonía.

“Santiago ten que mirar ao futuro con confianza, reforzar a súa presenza internacional e aproveitar todas as oportunidades que ofrece o espazo atlántico e lusófono”, concluíu.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

O Concello de Santiago concedeu licenza á cooperativa Porto Sur para construír 33 vivendas...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

O Concello destina máis de 727.000 euros a mellorar os centros educativos durante o verán

O Concello de Santiago está a aproveitar o período sen actividade lectiva de xullo...

Ames abre as axudas de ata 1.500 euros para familias numerosas e monoparentais

O Concello de Ames mantén aberto ata o próximo 14 de setembro o prazo...

O PP acusa o goberno de Santiago de rexeitar oportunidades de diálogo coa Xunta

O Partido Popular de Santiago criticou este luns a ausencia do goberno municipal na...

O PP acusa o Goberno central de chegar tarde á preparación do Xacobeo 2027 e reclama máis investimentos para Santiago

O Partido Popular realizou este venres un balance da colaboración do Goberno de España...

O PSdeG de Santiago atribúe o novo colapso das Urxencias á falta de planificación da Xunta e reclama responsabilidades

O secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, denunciou un novo episodio de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here