InicioPOLÍTICAO PSOE reclama á Xunta cambios no PIA de Mallou para evitar...

O PSOE reclama á Xunta cambios no PIA de Mallou para evitar afeccións á veciñanza

Marta Abal pide diálogo coas persoas afectadas, compensacións xustas polas expropiacións e correccións no proxecto antes da súa aprobación definitiva

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou á Xunta de Galicia modificacións no Proxecto de Interese Autonómico (PIA) de Mallou, aprobado inicialmente o pasado 20 de abril, co obxectivo de protexer os dereitos da veciñanza afectada polo desenvolvemento deste novo sector residencial.

A concelleira socialista Marta Abal lembrou que esta demanda xa foi defendida polo PSdeG no pleno municipal de maio e advertiu de que o proxecto, tal e como está formulado, podería provocar afeccións importantes sobre arredor dunha trintena de vivendas da zona. Segundo sinalou, algunhas propiedades quedarían sen accesos funcionais, sen entrada aos garaxes ou sen hortas, o que suporía unha alteración directa da vida cotiá das persoas residentes.

Abal tamén puxo o foco nas compensacións económicas previstas polas expropiacións, que, segundo trasladou, son motivo de preocupación entre a veciñanza ao considerar que están moi afastadas da realidade económica e social do ámbito afectado.

Desde o grupo socialista reclaman á Xunta de Galicia, ao Instituto Galego da Vivenda e Solo e ao Concello que abran “un diálogo real e efectivo coa veciñanza” e que analicen as demandas das persoas afectadas “con rigor” e de maneira individualizada. A formación pide tamén que se garanta o pagamento dun prezo xusto polos terreos expropiados e que se corrixan as afeccións detectadas antes de que o proxecto sexa aprobado de forma definitiva.

A concelleira socialista defendeu que o desenvolvemento urbanístico de Mallou debe traducirse nunha mellora efectiva para o barrio, con máis e mellores servizos, unha mobilidade axeitada e as dotacións públicas que a veciñanza vén reclamando. Neste sentido, Abal incidiu en que o incremento de vivenda non pode realizarse sen atender as consecuencias sobre as persoas que xa viven na zona.

“Máis vivenda, si, pero non a costa da veciñanza”, afirmou a edil socialista, que resumiu a posición do seu grupo na defensa dunha cidade “que medre coa xente, non ás súas costas”.

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

As familias solicitantes do servizo de comedor de Compostela teñen ata o 19 de agosto para preinscribirse

A voceira do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, informou de que as familias...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here