InicioPOLÍTICAO PSdeG denuncia a demora do Goberno local na definición do futuro...

O PSdeG denuncia a demora do Goberno local na definición do futuro dos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Marta Abal reclama a convocatoria inmediata da comisión comprometida para analizar os modelos de xestión das dúas infraestruturas municipais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago acusou ao Goberno local de manter paralizado o proceso para definir o futuro dos aparcadoiros municipais da Praza de Galicia e da Praza de Vigo, unha situación que, segundo a concelleira Marta Abal, evidencia a falta de planificación e de capacidade de xestión do executivo encabezado por Goretti Sanmartín.

A edil socialista lembrou que a concesión do estacionamento da Praza de Galicia rematou hai case un ano, mentres que a correspondente ao aparcadoiro da Praza de Vigo expirará o próximo mes de outubro. Neste contexto, criticou que aínda non se convocase a comisión na que se deberían estudar as diferentes alternativas para a xestión futura destas instalacións.

Abal recordou que durante o pleno municipal celebrado en abril, e en resposta a unha iniciativa do PSdeG, o concelleiro responsable comprometeuse a facilitar documentación aos grupos municipais e a convocar esa comisión na primeira semana de maio. Porén, denunciou que transcorrido máis dun mes desde a data anunciada non se produciron avances nin explicacións sobre o atraso.

Segundo a representante socialista, a falta de movementos neste expediente resulta especialmente preocupante porque a toma dunha decisión sobre o modelo de xestión require un proceso previo de análise e debate. “Seguimos perdendo tempo nun asunto clave para a cidade”, advertiu, ao considerar que aínda non se deu o primeiro paso dun procedemento que pode prolongarse no tempo.

A concelleira sostén que a indefinición actual impide aproveitar as posibilidades que ofrecen estas infraestruturas para mellorar distintos aspectos da vida urbana. Neste sentido, asegurou que cada día de atraso supón unha oportunidade perdida tanto para a mobilidade como para o desenvolvemento da actividade económica e comercial no centro da cidade.

Desde o PSdeG consideran que a futura decisión sobre os aparcadoiros debería orientarse á modernización do servizo e á adaptación ás necesidades actuais da cidadanía. Entre os aspectos que, ao seu xuízo, deberían abordarse figuran a mellora das instalacións, a aplicación de tarifas máis competitivas, o apoio ao comercio local e a resposta ás demandas de mobilidade da veciñanza residente, especialmente na zona do Ensanche.

Por todo iso, os socialistas instaron ao Goberno municipal a cumprir os compromisos adquiridos e a convocar de maneira inmediata a comisión anunciada. Marta Abal defendeu que Santiago precisa avanzar na definición do futuro destas dúas infraestruturas estratéxicas e reclamou que o debate se desenvolva con planificación e transparencia.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here