InicioPOLÍTICAO PP alerta de que os comerciantes de Santiago "traballan con medo"...

O PP alerta de que os comerciantes de Santiago “traballan con medo” e reclama medidas ante o aumento da inseguridade

Os populares aseguran que a cidade atravesa unha situación de maior conflictividade e trasladan testemuñas de comerciantes que afirman: "Algún día acontecerá unha desgraza" ou "se isto continúa así, cerrarei e abrirei noutro lado"

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal do PP de Santiago centrou este mércores a súa comparecencia na situación da seguridade na cidade, advertindo dun incremento de pelexas, altercados e conflitos na vía pública e acusando ao goberno local de manter unha postura de negación fronte a este problema. Os concelleiros José Ramón de la Fuente e Olaya Otero sostiveron que a situación está a provocar preocupación veciñal e un impacto directo sobre o tecido comercial compostelán.

De la Fuente asegurou que os datos do Ministerio do Interior amosan un aumento da criminalidade e puxo o foco nas “pelexas e rifas tumultuarias”, que, segundo indicou, rexistraron un incremento do 88,26% desde 2023. O edil considerou que non se trata de episodios illados, senón de feitos repetidos que están a afectar á percepción de seguridade na cidade.

“A alerta do problema non crea alarma; o que alarma é comprobar que o goberno de Goretti Sanmartín ignora o problema e está de brazos cruzados”, afirmou o concelleiro popular.

Segundo o PP, a principal crítica ao executivo municipal é a falta de actuación ante unha situación que consideran que se está agravando. Entre as medidas que propoñen figuran a creación dunha mesa permanente coa veciñanza, a ampliación do sistema de videovixilancia, a elaboración dun plan municipal de seguridade e convivencia, reforzos policiais nas zonas máis afectadas e melloras na iluminación pública.

“TRABALLAN COA PORTA PECHADA CON CHAVE POR MEDO”

Unha parte importante da comparecencia estivo centrada na situación do comercio compostelán. Olaya Otero asegurou que as preocupacións trasladadas polos comerciantes van máis alá das dificultades económicas do sector e teñen que ver directamente coa inseguridade.

A edil popular afirmou que moitos establecementos están a desenvolver a súa actividade en condicións de intranquilidade. “Os comerciantes traballan a día de hoxe en Santiago con medo. Teñen en moitos casos que traballar coa porta dos seus establecementos pechada, pechada con chave, por medo a roubos, ameazas e incluso agresións”, afirmou.

Durante a intervención, Otero reproduciu literalmente distintas situacións que, segundo explicou, lle foron trasladadas por profesionais do sector. Entre elas, mencionou frases como: “Intentou roubar e, cando lle chamei a atención, escupiúme na cara”, “Tírannos paus e latas de cervexa ao escaparate da tenda” ou “Hai un mozo que se pasea pola zona cun coitelo”.

Tamén recolleu testemuñas de persoas que aseguran que a situación está a afectar ao seu día a día e ás súas decisións laborais e persoais. Segundo trasladou a concelleira, algúns comerciantes manifestaron que “algún día acontecerá unha desgraza”, mentres outros chegaron a afirmar: “Eu xa me plantexei que, se isto continúa así, cerrarei e abrirei noutro lado”.

Outra das situacións expostas durante a comparecencia foi a dunha persoa que, segundo relatou Otero, decidiu mudarse de vivenda por medo: “Tiven que pedir que me acompañasen para ir e volver do meu traballo. Ao final, acabei mudándome de piso”.

A concelleira insistiu en varias ocasións en que estas afirmacións non corresponden á valoración do Partido Popular, senón a relatos recollidos entre comerciantes composteláns. “Isto non o di o Partido Popular; dino os comerciantes e as comerciantes de Santiago”, sinalou.

O PP REXEITA TAMÉN O MODELO DE COMEDORES ESCOLARES

Os populares pronunciáronse tamén en resposta a Xornal de Compostela sobre o modelo de comedores escolares impulsado polo goberno local.

José Ramón de la Fuente mostrou o desacordo da formación coa proposta municipal e afirmou que non comparten un sistema centralizado de elaboración de comidas. “Non estamos de acordo con facer unha macrocociña e un cátering á distancia para todos os colexios da cidade”, explicou.

O edil sinalou que o modelo defendido polo PP pasa por que cada centro dispoña da súa propia cociña e do seu propio comedor, unha fórmula que, segundo indicou, aplicarían no caso de gobernar, e que a alcaldesa Goretti Sanmartín xa prometera na súa campaña electoral no ano 2023.

A CAPITALIDADE E A PETICIÓN DE MÁIS FONDO

En resposta a pregunta doutros medios, o PP valorou tamén a actualización da achega económica da Xunta pola capitalidade de Santiago.

Olaya Otero destacou que o incremento aprobado representa, segundo indicou, a maior subida dos últimos seis anos, mentres reclamou que os recursos económicos se traduzan en melloras concretas para a cidadanía.

Pola súa banda, José Ramón de la Fuente fixo referencia ao informe empregado polo Concello para reclamar unha maior contía e sinalou que unha parte importante das necesidades recollidas no documento está vinculada a seguridade, emerxencias e protección civil.

ÚLTIMAS

O catedrático da USC Gumersindo Feijoo ingresa na Real Academia Galega de Ciencias cunha defensa da sustentabilidade baseada en evidencias

O catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela Gumersindo Feijoo ingresou...

O comité de PreZero solicita mediación e acusa a empresa de actuar “de mala fe” na negociación do convenio en Santiago

A representación sindical dos traballadores da concesionaria do servizo de parques e xardíns de...

‘Somos os monstros’ chega a Compostela cunha proposta teatral que aposta pola inclusión e a accesibilidade

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá esta semana a estrea de 'Somos...

O alumnado do IES Rosalía escolle as obras finalistas da XXX edición do Premio San Clemente

O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela deu a coñecer este...

O PSdeG cuestiona o modelo de comedores escolares proposto polo goberno local e pide máis informes técnicos

A concelleira do PSdeG en Compostela Marta Abal cuestionou esta mañá o modelo de...

O PP reclama ao goberno local que execute o plan aprobado para dinamizar o mercadillo de Salgueiriños

O grupo municipal do Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno local formado por...

O PP propón asumir dende o Concello as extraescolares, crear ‘paradas familiares’ e unha bolsa de zona azul para facilitar a vida das familias

O portavoz municipal do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, presentou este luns o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here