InicioPOLÍTICAO PP reclama ao goberno local que execute o plan aprobado para...

O PP reclama ao goberno local que execute o plan aprobado para dinamizar o mercadillo de Salgueiriños

José Antonio Constenla asegura que o acordo plenario aprobado en 2024 segue sen desenvolverse e advirte dunha perda de competitividade deste espazo comercial

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal do Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno local formado por BNG e CA que impulse as medidas aprobadas en Pleno para a elaboración dun Plan de dinamización da venda ambulante, unha iniciativa que tiña como obxectivo reforzar a actividade do mercadillo de Salgueiriños e mellorar o seu funcionamento.

O concelleiro popular José Antonio Constenla sostén que, transcorrido máis de dous anos desde a aprobación do acordo plenario no mes de marzo de 2024, o executivo municipal non avanzou no desenvolvemento desta proposta. Segundo indicou, a ausencia de actuacións está a afectar á situación dun mercado que cualificou como unha actividade económica tradicional vinculada ao sustento de numerosas familias.

Constenla defendeu a necesidade de impulsar medidas que contribúan á revitalización do mercadillo dos xoves, ao considerar que este espazo require iniciativas orientadas a mellorar a súa viabilidade e capacidade de atracción. Entre as actuacións ás que fixo referencia figuran accións de promoción e difusión da información sobre o mercado, melloras nos servizos ou posibles adaptacións organizativas.

O edil popular sinalou que a posta en marcha dun plan deste tipo permitiría reforzar a visibilidade do mercado e contribuír a aumentar a súa actividade comercial. Na súa valoración, a falta de desenvolvemento das medidas aprobadas está a provocar unha situación de perda de competitividade.

CRÍTICAS Á XESTIÓN MUNICIPAL

Durante a súa intervención, o representante do PP cuestionou a actuación do goberno local e asegurou que non percibe vontade política para aplicar os acordos aprobados pola corporación municipal. Neste sentido, lamentou que iniciativas respaldadas polo Pleno non estean a traducirse en medidas concretas.

Ademais, Constenla vinculou esta situación coa realidade dunha parte das familias que participan na actividade do mercadillo, facendo referencia ao peso que ten este espazo para integrantes da comunidade xitana. O concelleiro afirmou que o apoio a este colectivo require actuacións prácticas máis alá das declaracións institucionais ou dos manifestos conmemorativos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here