InicioPOLÍTICAO PP esixe ao goberno local que actúe con urxencia ante as...

O PP esixe ao goberno local que actúe con urxencia ante as deficiencias de mobilidade e seguridade na parroquia de Berdía

O grupo popular denuncia o mal estado dos accesos, o abandono das infraestruturas e o incumprimento do Consello do Rural

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular no Concello de Santiago, Nerea Barcia, reclamou este luns ao goberno local, formado por BNG e Compostela Aberta, que tome medidas de forma inmediata para facer fronte á acumulación de problemas que padece a parroquia de Berdía, afectando tanto á mobilidade como á seguridade e ao benestar dos seus habitantes.

Segundo Barcia, os dous accesos principais á parroquia atópanse nun estado que dificulta o tráfico de vehículos e de peóns, o que supón, ao seu xuízo, un risco real para quen os utiliza a diario. A edil popular salientou que, malia existir unha actuación contemplada a través do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña, esta non se chegou a executar. “As veciñas e veciños non poden seguir agardando indefinidamente por unha solución, posto que, apesar das súas reclamacións ao goberno nacionalista, non obteñen resposta algunha”, afirmou Barcia.

A representante popular identificou tamén o contorno da igrexa parroquial como un espazo con carencias importantes. Entre os problemas sinalados figuran as lousas en mal estado, a falta de mantemento das escaleiras e, de xeito particular, a ausencia dunha rampla que garanta o acceso a persoas con mobilidade reducida, maiores e familias con carriños de bebé.

A situación da pista cuberta da parroquia foi outro dos asuntos postos sobre a mesa pola concelleira. Barcia denunciou problemas de iluminación, canalóns sen limpar e a falta de información sobre a reposición das canastras de baloncesto, circunstancias que, segundo ela, reducen a utilidade deste espazo e aceleran o seu deterioro. “O abandono da pista cuberta da parroquia limita o seu uso e deteriora unha infraestrutura fundamental para a veciñanza”, subliñou.

Por último, Barcia cargou contra o goberno local polo que cualificou de “incumprimento” na convocatoria do Consello do Rural, un órgano de participación que, segundo indicou, debía reunirse tras a Semana Santa e que aínda non se celebrou. Para a edil popular, esta demora é “unha mostra máis da falta de planificación, de transparencia e de vontade política deste goberno de BNG e CA”.

O goberno municipal non realizou, ata o momento de publicación desta información, declaracións en resposta ás críticas formuladas polo Partido Popular.

ÚLTIMAS

A asociación de pacientes do CHUS denuncia 39 persoas nos corredores de Urxencias e alerta do impacto dos recortes de persoal

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou unha nova situación de saturación...

Santiago aumenta a 100.000 euros as bolsas para tratamentos terapéuticos de menores e para nenas e nenos celíacos

O Concello de Santiago aprobará unha nova convocatoria de bolsas municipais para menores con...

O Pleno aborda a seguridade na cidade entre chamadas ao pacto, avisos contra o alarmismo e reclamacións de máis medios

O Pleno municipal de Santiago aprobou este xoves unha proposta dos concelleiros non adscritos...

A conexión aérea entre Santiago e Jerez reforza a promoción turística entre Galicia e Cádiz

A nova conexión aérea directa entre Santiago de Compostela e Jerez da Frontera centrou...

Santiago aumenta a 100.000 euros as bolsas para tratamentos terapéuticos de menores e para nenas e nenos celíacos

O Concello de Santiago aprobará unha nova convocatoria de bolsas municipais para menores con...

O Pleno aborda a seguridade na cidade entre chamadas ao pacto, avisos contra o alarmismo e reclamacións de máis medios

O Pleno municipal de Santiago aprobou este xoves unha proposta dos concelleiros non adscritos...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here