InicioPOLÍTICAO PP de Santiago critica a demora nas rozas municipais e reclama...

O PP de Santiago critica a demora nas rozas municipais e reclama planificación ao Goberno local

Nerea Barcia cuestiona a falta dun calendario definido para os traballos de limpeza en plena campaña de prevención de incendios e pide explicacións sobre a organización do servizo

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, denunciou este mércores o que considera unha falta de planificación por parte do Goberno municipal de BNG e Compostela Aberta na organización dos traballos de roza en espazos públicos, unha cuestión que vinculou coa prevención de incendios no rural e nas áreas próximas a estradas e vías.

A edil popular asegurou que, chegados a estas datas, “segue existindo unha incerteza total” sobre o desenvolvemento deste servizo, ao sinalar que non hai un calendario público definido nin información concreta sobre o inicio das tarefas de limpeza e mantemento.

Barcia reclamou ao executivo local explicacións sobre como se organizarán estes traballos e tamén sobre se existe un contrato en vigor para executalos. Segundo apuntou, no ano 2025 as rozas comezaran a principios de maio, mentres que neste exercicio, segundo denuncia o PP, aínda non se iniciou o servizo nin se comunicaron prazos.

A representante popular tamén criticou o que cualificou de contradición entre as esixencias trasladadas polo Concello á veciñanza para manter limpas as súas parcelas antes do 31 de maio, baixo ameaza de sancións, e a ausencia, segundo a súa versión, da mesma dilixencia nos espazos de titularidade pública.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here