InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago critica o prezo das expropiacións en Mallou e...

O PSOE de Santiago critica o prezo das expropiacións en Mallou e levará o conflito ao Parlamento galego

Aitor Bouza expresa o apoio socialista á veciñanza afectada e acusa á Xunta de trasladar o custo das políticas de vivenda aos residentes do barrio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Socialista de Santiago manifestou o seu respaldo ás veciñas e veciños de Mallou ante o proceso de expropiacións previsto para o desenvolvemento dun novo polígono de vivendas na zona, cuestionando con dureza as valoracións económicas trasladadas aos propietarios afectados.

O secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, cualificou de “prezo de miseria” as cantidades formuladas para estas expropiacións e asegurou que, aínda recoñecendo a necesidade de impulsar novas promocións residenciais en Santiago, estas actuacións non poden executarse “a costa da veciñanza de Mallou”.

Bouza sostén que a política de vivenda impulsada polo Goberno galego non debe cargar sobre un barrio concreto o custo dunha planificación que considera deficiente. Neste sentido, acusou ao Executivo presidido por Alfonso Rueda de non desenvolver políticas públicas eficaces en materia de acceso á vivenda e de pretender que sexan os propietarios afectados quen asuman as consecuencias desa xestión.

O líder socialista local tamén vinculou esta situación coa actuación do Partido Popular en Santiago, sinalando directamente ao seu portavoz local, Borja Verea, por avalar as decisións da Xunta neste ámbito.

Dende o PSOE compostelán comprométense a manter contacto directo coa veciñanza de Mallou, recollendo as súas demandas e exercendo, segundo indican, unha labor de vixilancia política sobre o proceso para garantir que os dereitos das persoas afectadas sexan respectados.

Ademais, Bouza anunciou que o grupo socialista trasladará esta cuestión ao Parlamento de Galicia, co obxectivo de reclamar explicacións á Xunta e demandar unha resposta inmediata sobre os criterios aplicados nas expropiacións, ao considerar que os residentes de Mallou non poden quedar “desatendidos e desamparados” ante unha actuación urbanística desta dimensión.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

O PP abre a campaña das xerais en Santiago e Verea chama a mobilizar o partido

O Partido Popular abriu esta noite en Santiago de Compostela a campaña das eleccións...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

O PP abre a campaña das xerais en Santiago e Verea chama a mobilizar o partido

O Partido Popular abriu esta noite en Santiago de Compostela a campaña das eleccións...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here