InicioPOLÍTICAO PP acusa o goberno local de “abandono” no rural de Santiago...

O PP acusa o goberno local de “abandono” no rural de Santiago tras case tres anos de mandato

Nerea Barcia cuestiona a falta de investimento, planificación e resposta ás demandas veciñais nas parroquias

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular en Santiago, Nerea Barcia, compareceu este martes en rolda de prensa para criticar a xestión do goberno municipal no rural compostelán, ao que acusou de manter unha situación de “abandono” tras case tres anos de lexislatura. Segundo a edil, as parroquias non experimentaron melloras substanciais e continúan á espera de actuacións comprometidas polo executivo local.

Barcia sinalou que, fronte ás declaracións do goberno, que asegura estar a cumprir e mesmo superar os compromisos adquiridos, a realidade que trasladan os veciños é distinta. “O único que chegou ás parroquias foron palabras valeiras, anuncios en execución e promesas que nin sequera se intentaron levar a cabo”, afirmou. Neste sentido, reclamou datos concretos sobre o investimento realizado no rural e pediu aclaracións sobre a procedencia dos fondos empregados.

A concelleira popular tamén cuestionou os mecanismos de participación e atención á cidadanía, asegurando que existe “silencio administrativo” ante moitas solicitudes veciñais. Como exemplo, mencionou o funcionamento da ferramenta municipal ‘Liña Verde’, na que, segundo indicou, existen incidencias rexistradas desde 2023 que aínda non recibiron resposta ou contaron con contestacións xenéricas.

No ámbito do mantemento, Barcia describiu unha situación de deficiencias nas infraestruturas, con estradas deterioradas, cunetas sen limpar e presenza de maleza en espazos públicos. “Abonda con pisar o rural para comprobar o estado das cousas”, sinalou, ao tempo que puxo en dúbida a existencia dun control efectivo sobre estes servizos.

Durante a súa intervención, a edil fixo referencia ao denominado pacto polo rural, asegurando que “non se está a cumprir, non hai transparencia nin planificación clara”, e criticou a ausencia de diálogo co tecido asociativo e cos colectivos veciñais. Neste contexto, insistiu na necesidade de que as políticas públicas se baseen na escoita activa e na participación cidadá.

Barcia enumerou diversas parroquias do municipio —como Eixo, Aríns, Laraño, Marantes ou A Enfesta— para exemplificar que, ao seu xuízo, as demandas son similares en todo o territorio: tarefas de limpeza, desbroces, mantemento viario e mellora de servizos básicos. “Non son demandas extraordinarias nin imposibles, son cuestións básicas de mantemento e vontade política”, indicou.

A concelleira tamén criticou a falta de información sobre a planificación municipal, especialmente en relación co calendario de desbroces. “Estamos no mes de abril e seguimos sen coñecer a programación”, apuntou, preguntándose se o goberno cumprirá cos contratos previstos ou se continuará, segundo as súas palabras, a improvisación.

Finalmente, Barcia asegurou que o Partido Popular continuará coa súa labor de recollida de demandas no rural e de traslado das mesmas ás institucións, ao tempo que reiterou as críticas ao executivo liderado por Goretti Sanmartín. “Os veciños cumpren coas súas obrigas, pero non reciben servizos á altura”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here