InicioPOLÍTICAO pleno de Santiago aproba unha moción para mellorar o campo de...

O pleno de Santiago aproba unha moción para mellorar o campo de fútbol da Merced en Conxo

O Grupo Municipal Socialista reclama unha intervención urxente e unha renovación integral das instalacións deportivas

Publicado o

Xornal de Compostela

O pleno municipal de Santiago deu luz verde á moción presentada polo Grupo Municipal Socialista para mellorar o estado das instalacións do campo de fútbol da Merced, situado no barrio de Conxo. A iniciativa foi defendida pola concelleira socialista Marta Abal, quen puxo o foco na necesidade de actuar nun espazo que cualificou como fundamental para o deporte base na cidade.

Durante a súa intervención, Abal sinalou que o campo é utilizado a diario por un elevado número de nenos e nenas, mais advertiu de que as condicións actuais non son as adecuadas para o seu uso continuado. Neste sentido, denunciou a existencia de diversas deficiencias nas instalacións, entre elas problemas nos vestiarios, carencias nas condicións xerais, incidencias no sistema de iluminación e un estado deteriorado do terreo de xogo.

A concelleira socialista alertou tamén de que esta situación pode chegar a supoñer un risco para as persoas usuarias, especialmente debido á intensidade de uso do equipamento. Segundo explicou, non se trata de incidencias puntuais, senón dunha problemática derivada dunha “falta de mantemento continuada no tempo”.

A proposta aprobada reclama ao Goberno municipal que leve a cabo actuacións inmediatas para resolver as deficiencias máis urxentes e que, ao mesmo tempo, impulse un plan de renovación integral das instalacións. “Porque apostar polo deporte base non é só dicilo, é garantir que os rapaces e rapazas teñan espazos seguros e dignos onde practicar deporte”, afirmou Abal.

Finalmente, desde o Grupo Municipal Socialista indicaron que realizarán un seguimento do cumprimento desta iniciativa co obxectivo de que as melloras propostas se materialicen en actuacións concretas e non queden nun compromiso sen executar.

ÚLTIMAS

O Museo do Pobo Galego programa en abril actividades sobre danza, memoria e patrimonio cultural

O Museo do Pobo Galego acollerá ao longo do mes de abril unha programación diversa...

O Concello de Ames licita a construción dunha nova ponte sobre o río Anduriña en Piñeiro

O Concello de Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno Local o expediente...

“A luz de Santiago non ilumina, suxire”: Borja Dicha pon en valor o potencial fotográfico da cidade

A comunidade Fotowalk Galicia reuniu o pasado domingo 22 de marzo en Santiago de...

O Monbus Obradoiro incorpora a Tra Holder para reforzar a dirección de xogo no tramo final da tempada

O Monbus Obradoiro anunciou a incorporación do base estadounidense Tra Holder ata o final da...

O PP denuncia o peche prolongado do centro sociocultural de Villestro e reclama a súa reapertura inmediata

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denunciou a...

O PSdeG reclama melloras na información e apoio ao comercio polas obras en Pontepedriña

O Grupo Municipal Socialista de Santiago, a través da concelleira Marta Abal, defendeu no...

Verea destaca o papel de Bodegas Lodeiros e reclama máis apoio ao Polígono do Tambre

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou as instalacións de Bodegas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here