InicioPOLÍTICASanmartín promete a chegada do autobús a Busto tras a adxudicación do...

Sanmartín promete a chegada do autobús a Busto tras a adxudicación do novo contrato de transporte

A alcaldesa sitúa esta medida como prioridade tras as protestas veciñais e o proceso de licitación xa en marcha

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou este luns que a chegada do autobús urbano á parroquia de Busto será a primeira cuestión que o goberno local aborde coa empresa concesionaria unha vez se resolva a adxudicación do novo contrato de transporte.

A rexedora realizou estas declaracións durante a poxa da Uña de San Lázaro, onde reiterou o compromiso adquirido días atrás e insistiu en que os problemas técnicos detectados para a extensión do servizo “vanse a solucionar”. Segundo indicou, a prioridade será incorporar esta conexión ao sistema de transporte municipal de forma inmediata tras a formalización do contrato.

Este anuncio prodúcese despois de que o pasado venres o Concello confirmase o inicio do proceso de licitación do servizo de transporte urbano, ao que se presentaron cinco ofertas. Nesa mesma comparecencia, Sanmartín xa avanzara a intención de garantir a chegada do autobús a Busto.

A situación do transporte nesta parroquia xerou mobilizacións nas últimas semanas. A veciñanza protagonizou protestas para reclamar melloras na conexión co núcleo urbano de Santiago e chegou a abrir o debate sobre a súa posible incorporación ao concello de Trazo. Este domingo estaba prevista unha asemblea extraordinaria na que se ía abordar esta cuestión, aínda que a votación foi finalmente aprazada tras o compromiso trasladado pola alcaldesa.

ÚLTIMAS

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

O PP pide a convocatoria urxente do Padroado de Bando pola situación do refuxio de animais

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, anunciou que o seu grupo...