InicioPOLÍTICAUCIN Santiago presenta un plan integral para reformar a xestión municipal e...

UCIN Santiago presenta un plan integral para reformar a xestión municipal e impulsar vivenda, seguridade e comercio local

A formación propón auditorías externas, cambios na mobilidade, creación dunha empresa pública de vivenda e novos investimentos deportivos e sociais

Publicado o

Xornal de Compostela

A formación UCIN Santiago deu a coñecer este mércores, nun almorzo informativo celebrado en Santiago coa presenza do coordinador galego José Luis Calo e do candidato compostelán, Diego Adrián Mallo, un plan integral co que pretende introducir cambios estruturais na organización e funcionamento do Concello. A proposta, segundo expuxeron, aposta por un enfoque municipalista centrado na eficiencia administrativa, a seguridade cidadá, o acceso á vivenda, o apoio ao comercio de proximidade e o reforzo da participación veciñal.

Dende a organización sinalaron que “Santiago non pode seguir igual que hai vinte anos” e defenderon a necesidade de aplicar medidas “realistas, executables e pensadas para aplicarse desde o primeiro día da próxima lexislatura”.

No ámbito organizativo, UCIN propón realizar unha auditoría externa de todos os contratos municipais co obxectivo de avaliar a súa eficiencia e garantir maior transparencia na xestión. Ademais, contempla a creación dun departamento municipal de Intelixencia Artificial para axilizar trámites e reducir tempos de espera na administración local.

En materia de mobilidade, a formación aposta pola retirada dos radares que, segundo indican, teñen un fin recadatorio, así como pola eliminación do servizo ORA. Entre as súas propostas inclúese tamén a habilitación de novos aparcadoiros disuasorios e a municipalización dos parkings da Praza de Vigo e da Praza de Galicia.

O plan incorpora a creación de cuadrillas de mantemento urbano destinadas a actuar de maneira inmediata en incidencias como baches ou deterioro de beirarrúas, así como a constitución dun Corpo de Axentes Cívicos orientado a reforzar a convivencia.

No apartado de seguridade, UCIN defende o incremento de efectivos da Policía Local e do Servizo de Bombeiros e a solicitude de unidades antidisturbios, argumentando que “é o que corresponde a unha capital como Santiago de Compostela”.

MEDIDAS PARA O COMERCIO E O TURISMO

No eido económico, a proposta inclúe a posta en marcha dunha tarxeta municipal de apoio ao comercio local, que premie o consumo nos establecementos de proximidade. Tamén se recolle a creación dun bono turístico que integre acceso a museos, rutas culturais e transporte urbano.

Segundo explicaron, o obxectivo é fomentar un modelo de turismo sustentable que teña impacto directo na economía da cidade e no conxunto da veciñanza, así como desenvolver novas rutas culturais e de lecer que poñan en valor o patrimonio histórico e artístico compostelán.

EMPRESA MUNICIPAL DE VIVENDA

En relación coa política residencial, UCIN aposta por consolidar unha zona histórica “pensada para vivir”, con incentivos ao alugueiro estable e á rehabilitación de inmobles. O plan contempla a creación dunha empresa municipal de vivenda e a construción de vivenda pública, co foco posto na mocidade e nas familias.

INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS E MELLORAS NOS BARRIOS

Entre as actuacións previstas no ámbito deportivo figura o desenvolvemento do proxecto da piscina olímpica de Santa Marta, así como intervencións nos campos de fútbol municipais para mellorar as condicións de seguridade. O programa inclúe tamén a cuberta de parques infantís e a creación dun parque de xogos de auga en Belvís.

A formación recolle ademais actuacións estruturais en barrios que, segundo indican, levan anos “sen o mantemento necesario”.

SERVIZOS PÚBLICOS E PARTICIPACIÓN VECIÑAL

No que atinxe aos servizos públicos, UCIN defende a xestión directa de determinados ámbitos, como os centros socioculturais e o servizo de axuda no fogar. Tamén propón a modernización dos parques caninos e a revisión do modelo do refuxio de Bando.

O documento inclúe igualmente a rehabilitación progresiva dos colexios con maior deterioro e a elaboración dun plan integral de mellora dos barrios, consensuado coa veciñanza.

A formación concluíu que o seu proxecto pretende construír “a Compostela que queremos: moderna, segura, inclusiva, con vivenda accesible, comercio local forte e un turismo sostible que beneficie a toda a cidadanía”.

ÚLTIMAS

O anteproxecto ‘Hermes’ gaña o Concurso Internacional de Iluminación da contorna da Catedral de Santiago

O Concurso Internacional de Iluminación Ornamental e Artística da contorna monumental da Catedral de...

O Concello culmina a reforma integral do pavillón e da piscina de Santa Isabel cun investimento de 2,6 millóns de euros

O Concello de Santiago presentou este martes a reforma integral do pavillón municipal de...

A alcaldesa de Santiago di non ter coñecemento oficial das dilixencias da Fiscalía pola vertedura no río Sar

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou non ter "coñecemento formal" das dilixencias abertas...

O BNG esixe no Congreso a reposición inmediata dos trens convencionais entre Santiago e Vilagarcía

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou iniciativas urxentes no Congreso dos Deputados para reclamar ao...

O PSdeG defenderá no pleno unha proposición para reclamar diálogo pola torre de telecomunicacións en Aríns

O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno ordinario deste mes unha proposición sobre a...

O PP denuncia deficiencias nas obras de pavimentación de Vilamaior e pide ao Goberno local que as corrixa

O concelleiro do grupo municipal do Partido Popular en Santiago, José Ramón de la...

Verea acusa o BNG de cuestionar a continuidade do Son do Camiño en Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, denunciou no Parlamento de Galicia...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here