InicioPOLÍTICAO PP cuestiona a mobilización pola sanidade pública tachándoa de "partidista" e...

O PP cuestiona a mobilización pola sanidade pública tachándoa de “partidista” e defende o modelo galego

O portavoz popular no Parlamento sitúa as carencias no ámbito estatal e apunta á falta de profesionais como principal problema do sistema

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do PP no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos Couñago, cuestionou este domingo a manifestación celebrada en Santiago en defensa da sanidade pública e crítica coa xestión sanitaria do Goberno galego, ao considerar que a protesta responde a explicacións de carácter político máis que asistencial.

Segundo trasladou, a mobilización “ten moito máis que ver co partidista e o político que co sanitario”, unha valoración que realizou desde o Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, onde se desprazou á mesma hora que se desenvolvía a protesta na capital galega. Desde ese emprazamento, defendeu o sistema galego como “un dos mellores sistemas sanitarios do mundo”.

Pazos Couñago recoñeceu a existencia de dificultades no funcionamento da sanidade, mais vinculounas principalmente á falta de profesionais en determinadas especialidades, con especial incidencia en Atención Primaria e Pediatría. Ao seu xuízo, esta situación non é exclusiva de Galicia, senón que afecta ao conxunto das comunidades autónomas.

Nese sentido, afirmou que os gobernos autonómicos levan anos trasladando propostas ao Ministerio de Sanidade para tratar de paliar esta problemática sen obter, segundo indicou, respostas eficaces. “É un problema que estamos a sufrir todas as comunidades autónomas de España”, sinalou.

No marco destas declaracións, o portavoz popular estableceu unha diferenciación entre “os que prefiren o ruído, a pancarta e a algarada” e “os que prefiren a xestión, a proposta razoable e a procura de solucións”, encadrando ao PP neste último grupo. “Nós imos estar sempre deste segundo lado”, concluíu.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...