InicioPOLÍTICAA Xunta acusa a Goretti Sanmartín de actuar con deslealdade ao anunciar...

A Xunta acusa a Goretti Sanmartín de actuar con deslealdade ao anunciar a candidatura de Santiago como capital europea da ciencia

O Goberno galego sostén que o anuncio público da proposta para 2028 pon en risco un proxecto competitivo a nivel europeo que se estaba a xestionar con confidencialidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia acusou á alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, de actuar con “deslealdade e irresponsabilidade” tras facer público o anuncio da candidatura da cidade para ser elixida capital europea da ciencia en 2028. Segundo o Goberno galego, a rexedora realizou este anuncio de maneira “unilateral”, a pesar de tratarse dun proxecto que se estaba a desenvolver “con discrección” por parte da Administración autonómica.

Nun comunicado remitido este venres, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP reprocha que a alcaldesa dese a coñecer unha iniciativa que se encadra no programa europeo ‘Science Comes to Town’, ao considerar que se vulneraron compromisos de confidencialidade asumidos cos socios internacionais implicados. O departamento autonómico advirte de que esta actuación podería “facer inviable” a proposta ao tratarse dun proceso competitivo no ámbito europeo.

A Xunta sinala que o Concello de Santiago era coñecedor da necesidade de manter a reserva sobre o proxecto e subliña que o seu papel dentro da candidatura “limítase a manifestar o seu apoio”. A proposta, segundo recolle o comunicado, chegou á Administración local a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), organismo dependente da Xunta.

Neste contexto, o Goberno galego acusa a Sanmartín de “tentar capitalizar” a iniciativa cunha “clara intencionalidade política e de notoriedade”, ao facer público o anuncio antes de tempo. A Consellería considera que as declaracións realizadas rompen a necesaria relación de confianza e a lealdade institucional que debe presidir este tipo de proxectos compartidos.

Finalmente, a Xunta advirte de que, no caso de que a candidatura decaia pola desconfianza dos socios europeos ou por outras posibles implicacións derivadas do anuncio público, a responsabilidade recaerá “exclusivamente” na alcaldesa de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...