InicioPOLÍTICABouza asegura que o PSdeG abordará no seu Comité Nacional en Santiago...

Bouza asegura que o PSdeG abordará no seu Comité Nacional en Santiago as denuncias de acoso e o malestar interno

O socialista indica que o máximo órgano do partido entre congresos falará "de todo", incluída a situación xerada polas acusacións por acoso laboral e sexual contra cargos socialistas

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG de Santiago de Compostela e deputado autonómico, Aitor Bouza, asegurou que a formación socialista falará “de todo” na reunión do seu máximo órgano de decisión entre congresos, o Comité Nacional, que se celebra este sábado en Santiago de Compostela. Entre os asuntos a tratar estará tamén a situación interna xerada tras as denuncias por acoso laboral e sexual contra cargos do partido.

Bouza realizou estas declaracións tras ser preguntado polos medios de comunicación sobre se o Comité Nacional, convocado no contexto do debate interno suscitado polas denuncias, abordará as críticas expresadas en distintos manifestos sobre a xestión do caso que afectou ao xa expresidente da Deputación de Lugo, José Tomei.

Segundo explicou, a reunión desenvolverase dentro dun marco que definiu como ordinario no funcionamento da organización. “Eu creo que se celebra un comité nacional nun marco ordinario deste partido, e nel falaremos, como sempre, entre compañeiros e compañeiras, na máxima confianza de todas as cuestións importantes para Galicia e para os galegos”, afirmou.

O dirixente socialista avanzou que durante o encontro tamén se analizarán as políticas desenvolvidas pola Xunta de Galicia, ás que atribuíu un impacto negativo sobre os dereitos da cidadanía. Neste sentido, citou ámbitos como a vivenda, a educación ou o municipalismo como algúns dos eixos que centrarán o debate político da xornada.

Bouza insistiu en que o debate interno forma parte do funcionamento habitual do partido. “No noso Partido Socialista falamos de todo, por suposto, como non pode ser doutra maneira”, sinalou, aínda que recalcou que a prioridade actual da organización pasa por seguir traballando nas cuestións que afectan directamente á vida diaria da poboación, como os servizos sociais, o acceso á vivenda ou o sistema educativo.

Para pechar, o secretario xeral do PSdeG de Santiago subliñou a vontade da formación de manter un traballo coordinado. Segundo indicou, os socialistas estarán a actuar “conxuntamente, de xeito conxunto” co obxectivo de “elevar as políticas públicas no ámbito social” en Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...