InicioPOLÍTICAO PP pide separar no Pleno as facturas pendentes como pediron tamén...

O PP pide separar no Pleno as facturas pendentes como pediron tamén os non adscritos

Borja Verea sostén que o abono dun millón de euros á concesionaria da auga presenta dúbidas xurídicas e reclama explicacións á alcaldesa, Goretti Sanmartín

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, defendeu levar ao Pleno municipal de maneira separada as facturas pendentes que o Goberno local pretende someter a votación este mércores, 17 de decembro. Segundo manifestou, a súa formación non cuestiona o pago a pequenos provedores, pero si o abono dun importe próximo ao millón de euros correspondente a Viaqua, ao considerar que presenta problemas de legalidade.

Así o trasladou o PP nunha nota de prensa difundida un día despois de que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, anunciase a intención do executivo municipal de levar por terceira vez ao Pleno o recoñecemento extraxudicial de crédito de 119 facturas pendentes, entre as que se inclúen as da concesionaria do servizo de augas.

Verea afirmou que “o millón que se pretende abonar a Viaqua non é legal” e insistiu en que o seu grupo non ten “ningún problema coas facturas a pequenos provedores”. Ao seu xuízo, é a alcaldesa quen debe explicar “por que insiste en levalas xuntas” no mesmo expediente.

O portavoz popular advertiu de que, na súa opinión, “non se debe autorizar un pago dun millón que pode supor un uso indebido de fondos públicos” e asegurou que o PP non avalará ese abono “mentres non se resolvan unha serie de dúbidas xurídicas graves”.

Neste contexto, Verea relatou que mantivo unha conversa coa rexedora municipal sobre esta cuestión, que, segundo indicou, “non acabou ben”, ao trasladarlle que o seu grupo entende que o pago a Viaqua “é ilegal e que non se tería que pagar”. “Non imos votar a favor, por moito que me chame ou deixe de chamar”, afirmou.

Finalmente, o portavoz do PP sinalou que, ao seu entender, o Goberno local non conta cos apoios suficientes no Pleno para sacar adiante o expediente e apuntou que, se precisa os votos do seu grupo, debería “pedir desculpas e logo pedilos con educación”. A partir de aí, engadiu, o PP valorará se o executivo é quen de responder ás cuestións formuladas sobre o expediente económico.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...