InicioPOLÍTICAMarta Abal reclama unha data concreta para a reapertura da piscina de...

Marta Abal reclama unha data concreta para a reapertura da piscina de Santa Isabel

A concelleira socialista leva ao Pleno municipal a situación do complexo deportivo, pechado desde o 1 de xuño por obras, e denuncia a falta de prazos claros por parte do Goberno local

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Grupo Municipal Socialista de Santiago, Marta Abal, esixiu ao Goberno local que fixe unha data para a reapertura da piscina do complexo deportivo de Santa Isabel, pechada desde o pasado 1 de xuño debido á execución de obras nas instalacións.

Segundo informou o PSdeG a través dunha nota de prensa, Abal presentou unha pregunta no Pleno municipal coa finalidade de obter unha resposta concreta sobre o calendario das actuacións e a previsión de volta ao uso normal da piscina, unha das infraestruturas deportivas máis utilizadas da cidade.

A edil socialista advertiu das consecuencias que está a ter o peche prolongado da instalación, tanto para as persoas usuarias habituais como para os clubs deportivos. Neste sentido, sinalou que a situación está a xerar “molestias constantes” e puxo como exemplo ao Waterpolo Santiago, que actualmente “non dispón dunha instalación onde adestrar” no municipio.

Abal lembrou tamén que, a finais do pasado mes de agosto, o Goberno local asegurara que as obras avanzaban “a bo ritmo”. Porén, segundo indicou, varios meses despois “continúa a incerteza” arredor da reapertura, ao tempo que criticou que o executivo municipal leve tempo “evitando ofrecer prazos concretos” sobre o remate das actuacións.

Por este motivo, a concelleira reclamou ao Goberno local “transparencia e unha resposta clara” sobre o estado real das obras no complexo deportivo de Santa Isabel, ao considerar que “a cidade merece rigor e planificación, non improvisación”.

ÚLTIMAS

O Concello ordena o peche definitivo da sala Malatesta tras unha década de actividade no barrio de San Lourenzo

A sala Malatesta, situada no barrio compostelán de San Lourenzo, comunicou o seu peche...

A precariedade na investigación e o papel público da Universidade marcan o primeiro debate das candidatas á reitoría da USC

Este pasado xoves celebrouse na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de...

Martin Garrix e Maroon 5 encabezan un Gozo Fest que aspira a consolidar Santiago como referente musical internacional

Martin Garrix, Maroon 5, Rita Ora, Danny Ocean e Miriam Rodríguez actuarán o próximo...

O concelleiro de Facenda explica as modificacións das ordenanzas fiscais e os cambios nos prazos e bonificacións

O concelleiro de Facenda, Manuel César Vila, compareceu en rolda de prensa para detallar...

Borja Verea na cea de Nadal do PP: “Teño ganas de ser alcalde de Santiago”

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, fixo un chamamento á unidade interna...

Sindo Guinarte: “A alcaldesa non está a tomar medidas efectivas ante a precariedade dos servizos de emerxencias”

O concelleiro socialista Sindo Guinarte alertou este xoves da situación que atravesan os servizos...

O Pleno volve rexeitar o pago do recoñecemento extraxudicial de crédito

O pleno extraordinario do Concello deste xoves volveu rexeitar o expediente de recoñecemento extraxudicial...