InicioPOLÍTICAUCIN denuncia que o parque de Belvís leva catro días sen iluminación...

UCIN denuncia que o parque de Belvís leva catro días sen iluminación e pide unha intervención inmediata

A formación reclama explicacións públicas e unha revisión xeral da iluminación nos parques de Santiago ante a inseguridade xerada pola escuridade en Belvís

Publicado o

Xornal de Compostela

O coordinador de UCIN Santiago de Compostela, Diego Adrián Mallo, alertou este martes da situación de falta de luz no parque de Belvís, que, segundo asegura, permanece totalmente ás escuras desde hai catro días. A formación indica que a incidencia se produce a partir das 18:00, coincidindo coa caída da tarde, momento no que “xa non se ve absolutamente nada” e no que a veciñanza que atravesa o espazo “ten que botar man das linternas dos móbiles para non caer ou simplemente para poder cruzar o parque”.

Mallo describe este escenario como “perigoso e inadmisible” nun punto de paso habitual para estudantes, traballadores e residentes que regresan ás súas casas ao rematar a xornada. A falta de iluminación, sinala, converte o percorrido en “un itinerario inseguro” que está a afectar o uso cotián do parque.

UCIN solicita ao Concello de Santiago que repoña de maneira inmediata o subministro eléctrico e que emprenda unha revisión xeral do estado da iluminación pública en todos os parques da cidade. “Non podemos permitir que un espazo público quede inutilizado e inseguro durante varios días sen ningunha explicación”, afirma Mallo.

A formación reclama tamén que o goberno local informe á cidadanía sobre as causas da incidencia e sobre os prazos previstos para a súa resolución, ao entender que a falta de comunicación engade incerteza a unha situación que afecta de maneira directa á mobilidade peonil na contorna de Belvís.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here