InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama ceses no Sergas tras denunciar un novo colapso das...

O PSdeG reclama ceses no Sergas tras denunciar un novo colapso das urxencias do CHUS

Bouza esixe responsabilidades políticas e insta a Rueda a visitar o hospital para comprobar a situación

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O PSdeG de Santiago chamou este sábado a adoptar medidas inmediatas ante o que cualifica como un novo episodio de saturación nas urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). O secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, compareceu fronte ao centro para denunciar a “situación estrutural” que, ao seu xuízo, se repite semana tras semana e que “prexudica ás veciñas e veciños da comarca”.

Bouza sostivo que nas últimas xornadas se reproduciron escenas de atención en corredores, con pacientes pendentes de traslado por falta de efectivos e con demoras nas ambulancias. Segundo explicou, “non é un episodio puntual” e relacionou esta situación coa dificultade para conseguir cita en atención primaria, que, segundo asegurou, chega a alongarse ata tres semanas. Este prazo, engadiu, empurra a moitas persoas a acudir directamente ás urxencias.

Ante este panorama, o responsable socialista reclamou responsabilidades políticas e pediu o cesamento inmediato do xerente do Sergas, ao considerar que “non está a dar resposta ás necesidades da área sanitaria de Santiago e Barbanza”. Bouza afirmou que “os recortes” e a “falta de previsión” explican a saturación actual.

Tamén convidou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a achegarse ao CHUS para “ver de primeira man” a situación, ao tempo que criticou que o Goberno galego “negue o colapso”. “Os vídeos e imaxes publicadas nos últimos días amosan o que está a pasar”, sinalou.

Bouza defendeu tamén a necesidade de escoitar ao persoal sanitario, ao que cualificou de “principal coñecedor do estado real do sistema”. Subliñou que denunciar a saturación “non é un ataque aos profesionais”, senón “a defensa da súa dignidade e da das persoas que acoden ao hospital”.

Os socialistas avanzaron que manterán a presión política e institucional para que se adopten “solucións efectivas” e se recupere a calidade asistencial na área sanitaria compostelá.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here