InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama á Xunta un aumento de 2,4 millóns na achega...

O PSdeG reclama á Xunta un aumento de 2,4 millóns na achega ao Consorcio para reforzar a rehabilitación de vivenda en Santiago

Bouza insta ao PP a apoiar no Parlamento a emenda socialista aos orzamentos de 2026

Publicado o

Xornal de Compostela

O PSdeG presentou este xoves unha emenda aos orzamentos da Xunta para 2026 coa que busca incrementar en 2,4 millóns de euros a achega autonómica ao Consorcio de Santiago, mantida en 3,1 millóns desde o ano 2021. O deputado socialista Aitor Bouza defendeu esta proposta nunha rolda de prensa en Compostela, onde subliñou que o Consorcio precisa máis recursos para atender as súas funcións, en especial as axudas á rehabilitación de vivenda no casco histórico.

Bouza lembrou que o organismo está sustentado por varias administracións, entre elas a Xunta, e advertiu de que os fondos actuais son insuficientes tanto para o funcionamento ordinario como para afrontar actuacións de rehabilitación. Segundo explicou, “non se pode esixir ao Consorcio que cumpra coas súas funcións se non dispón dos medios económicos precisos”, razón pola que instou ao Goberno galego a “comprometerse especificamente con esta cidade”.

O parlamentario enmarcou esta emenda na estratexia socialista para abordar a problemática da vivenda desde unha perspectiva ampla, que inclúa tanto a construción como a activación do parque existente. Destacou que o reforzo das partidas permitiría “poñer en circulación vivenda baleira e atender inmobles que precisan intervencións urxentes no casco histórico”, algo que —segundo indicou— reclaman asociacións veciñais e colectivos que viven nesta zona de Compostela.

O PSdeG agarda que a Cámara galega avale a modificación orzamentaria no último pleno do mes, e dirixe unha chamada directa ao deputado popular Borja Verea, presidente do PP compostelán, para que “vote a favor dos intereses da veciñanza”. Bouza advertiu, con todo, que en anos anteriores o grupo popular rexeitou todas as emendas relativas a Santiago, polo que anunciou que a proposta se presentará tamén como iniciativa específica para forzar un posicionamento claro no Parlamento.

O deputado criticou ademais que o Goberno local non reclame con firmeza este incremento, ao considerar que a confrontación coa Xunta “debe producirse cando está en xogo unha demanda real da cidade”, como o financiamento do Consorcio. “O obxectivo final é que as persoas se poidan beneficiar das axudas e que a vivenda rehabilitada regrese ao mercado”, afirmou.

Durante a quenda de preguntas, Bouza referiuse tamén á votación municipal sobre o pago de facturas pendentes e á situación da empresa Viaqua. Subliñou que a posición do PSdeG non variou desde que formaba parte do Goberno: “cando corresponde pagar por servizos prestados, hai que facelo”. Criticou que nalgúns casos se empregasen votos en contra como medida de presión, e advertiu de que “non se pode utilizar ás familias e á veciñanza para facer política”.

Bouza concluíu reivindicando a necesidade de que Santiago “volva ser unha cidade onde a xente poida vivir e non teña que marchar ás vilas limítrofes”, algo que, ao seu xuízo, require medidas integrais en materia de vivenda e un compromiso económico máis decidido por parte da Xunta.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o...

O PP denuncia cinco meses de atrasos nos pagamentos das bolsas de comedor e actividades en Santiago

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Borja Rubio, denunciou este martes en rolda...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here