InicioPOLÍTICAO PSdeG leva ao Pleno a falta de avances en seguridade viaria...

O PSdeG leva ao Pleno a falta de avances en seguridade viaria en Laraño e reclama explicacións ao Goberno local

Os socialistas critican a ausencia de actuacións dous meses despois de solicitarse informes sobre a situación dos viais da parroquia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista trasladará ao Pleno de novembro a súa preocupación pola ausencia de avances nas melloras de seguridade viaria en Laraño, unha zona do rural compostelán onde, segundo denunciaron, a veciñanza leva tempo alertando dunha situación de risco sen que o Goberno local adoptase medidas concretas.

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, lembrou que os residentes do lugar veñen advertindo dende hai meses dos perigos existentes nos viais e dos incidentes recorrentes que afectan tanto a vehículos como a persoas. Segundo explicou, o Executivo municipal anunciara o pasado 17 de setembro a petición de informes á Policía Local e á Garda Civil para avaliar a sinistralidade, mais “a veciñanza segue sen saber nada e non se aplicou ningunha mellora real no territorio”.

Guinarte sostén que esta falta de avances evidencia unha “falla absoluta de prioridade política” e que, dous meses despois do anuncio, non se coñece o resultado dos informes nin ningunha planificación municipal. Ante esta situación, o PSdeG solicitará no Pleno acceso ao contido dos documentos e pedirá claridade sobre as actuacións previstas.

“Imos preguntar que conclúe ese informe e, sobre todo, que actuacións está executando o goberno da señora Sanmartín. Porque non abonda con anunciar estudos, cómpre actuar, tomar decisións, reforzar a seguridade dos viais e ofrecer respostas inmediatas a un problema que afecta á vida cotiá da xente”, indicou Guinarte, insistindo na necesidade de introducir melloras urxentes.

O portavoz socialista tamén advertiu de que o Concello está desatendendo unha demanda esencial da cidadanía. “Laraño non pode seguir agardando. É responsabilidade do Concello garantir a seguridade da súa veciñanza. O que pedimos é simple, transparencia, planificación e medidas efectivas. A seguridade da cidadanía non admite máis atrasos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here