InicioPOLÍTICAO PSOE reclama medidas urxentes para frear o colapso na mobilidade do...

O PSOE reclama medidas urxentes para frear o colapso na mobilidade do Hospital Clínico

Os socialistas esixen activar compromisos paralizados e presentar un calendario claro para mellorar accesos, transporte e aparcadoiro na contorna do CHUS

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista presentará no Pleno de novembro unha proposición para abordar o que considera un problema crítico de mobilidade no contorno do Hospital Clínico Universitario de Santiago. O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu de que a situación “segue a ser insostible” e acusou tanto á Xunta como ao Concello de manter “unha prolongada inacción” mentres a contorna sanitaria continúa saturada.

Segundo explicou, as obras de ampliación do hospital e do centro de protonterapia supuxeron a eliminación de centos de prazas de estacionamento, agravando un déficit “que xa era moi serio antes de iniciar os traballos”. Guinarte lembrou que un estudo do Sergas cifraba en máis de 300 prazas a necesidade nas horas punta e que, a xuízo dos socialistas, o déficit actual supera as 600 prazas.

O edil alertou de que esta carencia afecta directamente ao funcionamento diario do complexo hospitalario, pois pacientes, profesionais e familiares afrontan atrasos continuos, longas voltas en busca dun espazo libre e a ausencia de alternativas viables de transporte público. “As administracións responsables levan demasiado tempo mirando para outro lado”, afirmou.

Guinarte tamén fixo referencia ao acordo anunciado en agosto de 2024 entre Xunta e Concello, no que se comprometeran a mellorar accesos, reforzar a rede de autobuses, activar un plan de transporte ao traballo e construír un novo aparcadoiro. Segundo indicou, ano e medio despois non se materializou ningún deses compromisos: nin se ampliou o servizo urbano, nin se mellorou o interurbano, nin existe planificación para o transporte laboral, nin o estacionamiento previsto figura nos orzamentos autonómicos de 2026. Recriminou igualmente ao Concello que non impulsase avances nin exercese presión política suficiente para desbloquear o escenario actual.

Ante este panorama, o PSdeG solicita tres medidas inmediatas: convocar de maneira urxente a comisión de seguimento paralizada desde hai meses; cumprir os compromisos asumidos en materia de transporte; e presentar un cronograma con datas concretas para as actuacións pendentes, incluído o aparcadoiro. O grupo socialista tamén avanzou que reclamará solucións provisionales que permitan habilitar espazos de estacionamento mentres non se constrúe o novo recinto previsto, ao entender que “Santiago precisa planificación, coordinación e respostas reais”.

UCIN PIDE ACCIÓN INMEDIATA ANTE A FALTA CRÓNICA DE APARCAMENTO

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, reclama medidas urxentes para afrontar o déficit de prazas no CHUS, que atribúe á “incapacidade política das administracións”. Denuncia a ausencia de avances no acordo anunciado en 2024 e propón actuacións inmediatas como prazas provisionais, un aparcadoiro disuasorio con lanzadeiras frecuentes e un reforzo real das liñas de autobús.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here