InicioPOLÍTICAO PSdeG reclamará no Pleno melloras urxentes na recollida selectiva da parroquia...

O PSdeG reclamará no Pleno melloras urxentes na recollida selectiva da parroquia de Berdía

Marta Abal denuncia a falta de contedores e pide ao goberno local que garanta no rural o mesmo acceso á reciclaxe que nos barrios urbanos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista apelou á necesidade de reforzar a recollida selectiva en Berdía, unha das parroquias compostelás que acumula queixas veciñais pola falta de medios básicos para separar residuos. A concelleira Marta Abal trasladou ao Pleno un rogo no que insta ao executivo de Sanmartín a actuar con rapidez ante unhas carencias que, segundo sinalou, impiden unha reciclaxe efectiva.

Abal apuntou que a iniciativa busca facer visible unha situación que “non permite ao rural acceder aos mesmos servizos que a cidade”. Segundo expuxo, en boa parte dos núcleos da parroquia só está dispoñible o contedor verde, o que imposibilita a separación de envases ou papel. “Non podemos pedir á cidadanía que recicle se o Concello non lles dá os medios mínimos para facelo”, afirmou.

As demandas trasladadas pola veciñanza inclúen a colocación dun contedor amarelo en cada núcleo, ademais dun contedor de papel na zona da Estación de Berdía, así como a instalación de puntos de recollida de pilas xunto aos iglús de vidro. A edil advertiu tamén de que en determinados puntos a ubicación actual dos colectores “supón un risco pola pendente ou pola acción do vento”, polo que considera imprescindible reforzar os sistemas de suxeición.

Para a concelleira socialista, estas melloras son “imprescindibles para garantir unha reciclaxe responsable” e deben incorporarse tamén no marco da ampliación prevista co novo contrato de limpeza, que —subliñou— “non pode quedar restrinxida á zona urbana”.

O rogo presentado solicita formalmente a colocación dos novos contedores e a revisión dos puntos xa existentes para incorporar “sistemas de retención alí onde resulte necesario”. “Se queremos unha Compostela máis sustentable, o primeiro é garantir igualdade de acceso á reciclaxe en toda a cidade, tamén nas parroquias”, concluíu Abal.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

O PP cifra en máis de 250 os asistentes á súa III Romaría e Verea chama a intensificar o traballo para as municipais

O PP de Santiago celebrou este sábado a súa III Romaría Popular, unha cita...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here