InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama a limpeza da senda de San Martiño de Aríns...

O PSdeG reclama a limpeza da senda de San Martiño de Aríns e das cunetas da Rocha Vella ante o seu “estado de abandono”

O PSdeG reclama a limpeza da senda de San Martiño de Aríns e das cunetas da Rocha Vella ante o seu “estado de abandono”

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista levou ao Pleno deste xoves dous rogos dirixidos ao Goberno de Santiago para alertar do deterioro de varios espazos públicos nos barrios de San Martiño de Aríns e Rocha Vella. A concelleira Marta Abalasegurou que estas incidencias evidencian “un abandono continuado” por parte do executivo que lidera Goretti Sanmartín, e reclamou unha intervención inmediata nos dous puntos.

Segundo expuxo a edil, a senda peonil de San Martiño de Aríns acumula dende hai semanas unha gran cantidade de follas e restos vexetais que cobren o percorrido e dificultan o tránsito diario. Abal indicou que esta situación aumenta o risco de esvaróns e caídas, polo que considera necesario que se actúe canto antes para restablecer as condicións de seguridade.

O grupo socialista tamén chamou a atención sobre o estado das cunetas da Rocha Vella, onde observa unha presenza significativa de terra e maleza que reduce o paso e impide a correcta circulación da auga da chuvia. A formación solicita que se acometan traballos de limpeza e desbroce para evitar problemas de drenaxe e mellorar o mantemento xeral do vial.

A concelleira defendeu a presentación destes rogos como unha chamada de atención ao Goberno local, ao que pide que dea resposta ás necesidades de conservación no conxunto da cidade. “Compostela non pode ter veciñas e veciños de primeira e de segunda”, afirmou, ao tempo que apelou á importancia de garantir limpeza, seguridade e respecto pola veciñanza en todos os barrios do termo municipal.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here