InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama explicacións á Xunta polo colapso das urxencias do CHUS

O PSdeG reclama explicacións á Xunta polo colapso das urxencias do CHUS

O deputado socialista Aitor Bouza levará mañá á Comisión de Sanidade do Parlamento unha pregunta oral sobre as situacións de saturación e falta de recursos denunciadas por pacientes e profesionais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Parlamentario Socialista reclamará mañá á Xunta de Galicia que dea explicacións polo colapso das urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago rexistrado durante o pasado verán. O deputado Aitor Bouza presentará unha pregunta oral na Comisión de Sanidade, que dará comezo ás 10:30, co obxectivo de coñecer que medidas ten previsto adoptar o Goberno galego para evitar que esta situación se repita.

Segundo a iniciativa asinada por Bouza xunto ás deputadas Patricia Iglesias Rey e Elena Espinosa Mangana, diversas asociacións de pacientes e persoas usuarias denunciaron episodios de saturación que chegaron a deixar “ata trece pacientes graves situados en corredores”, sen acceso a un box nin a espazos asistenciais axeitados. O grupo socialista considera que estes feitos constitúen “unha grave vulneración da dignidade das persoas doentes” e poñen de manifesto a falta de recursos materiais e humanos no servizo de urxencias.

Os socialistas lembran que houbo pacientes que permaneceron máis de 24 horas agardando por unha cama en planta, moitos deles de idade avanzada ou con patoloxías graves, atendidos en corredores “sen intimidade nin condicións adecuadas”. Engaden que este tipo de colapsos “non son un feito illado”, senón un problema recorrente “que se repite cada verán e en épocas de maior presión asistencial”.

A iniciativa parlamentaria critica tamén que a Xerencia da área sanitaria recoñecera a saturación “insistindo en que a asistencia estaba garantida”, o que para o PSdeG supón “normalizar unha atención precaria e indigna”. O grupo reclama “máis recursos, mellor organización e vontade política” para abordar unha situación que, subliñan, “non se pode aceptar como habitual”.

A pregunta que se debaterá na comisión inclúe oito puntos concretos, entre eles a petición de datos sobre o número exacto de pacientes atendidos nos corredores durante o mes de agosto, a posible ampliación de persoal médico e de enfermaría, e a creación dun plan de reforzo estrutural das urxencias do CHUS con prazos e orzamento definidos.

Ademais, o PSdeG pregunta se o Goberno galego mantivo reunións coas asociacións de pacientes e persoas usuarias para escoitar as súas demandas, e, en caso contrario, solicita explicacións sobre a falta de diálogo.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

Verea reclama medidas urxentes para apoiar a industria turística de Santiago

O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, mantivo unha xuntanza con arredor de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here