InicioPOLÍTICAO PSOE celebra que Santiago contará cun sistema municipal para garantir a...

O PSOE celebra que Santiago contará cun sistema municipal para garantir a accesibilidade en todas as obras públicas

A concelleira Marta Abal subliña que o novo mecanismo incorporará controis en todas as fases das actuacións e contará coa participación das entidades de persoas con discapacidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago puxo en valor a aprobación plenaria da súa proposta para crear un sistema municipal de verificación da accesibilidade nas actuacións que se realicen nos espazos públicos da cidade. A iniciativa, explican, busca garantir que todas as obras municipais cumpran coa normativa vixente e que se detecten de forma anticipada posibles deficiencias que dificulten a mobilidade das persoas.

A concelleira socialista Marta Abal explicou que o obxectivo é implantar “un sistema estable e sinxelo que asegure que todas as intervencións municipais no espazo público se axusten ás condicións de accesibilidade”. Este control abranguerá desde a fase de deseño ata o mantemento final das obras, e incluirá a participación das entidades representativas das persoas con discapacidade, que poderán colaborar na avaliación das actuacións.

Abal lembrou que durante o anterior mandato o goberno socialista impulsara un proxecto específico de mellora da accesibilidade, reservado a centros especiais de emprego e empresas de inserción, que permitiu executar 29 intervencións en distintos puntos da cidade. Con este novo sistema, o grupo socialista considera que Santiago consolida ese camiño e “dá un paso máis” na integración dos criterios de accesibilidade como requisito obrigatorio en todas as actuacións municipais.

Entre os aspectos que se revisarán, destacan elementos como os desniveis das beirarrúas, a anchura dos pasos de peóns, a colocación das bandas táctiles ou os tempos dos semáforos, aspectos que, segundo Abal, “adoitan pasar desapercibidos pero teñen un impacto directo na autonomía das persoas”.

A edil subliñou que esta medida beneficiará non só ás persoas con discapacidade, senón tamén ás persoas maiores, ás familias con carriños e, en xeral, a toda a cidadanía. “Con esta iniciativa, Santiago dá un paso importante cara a unha cidade máis accesible, máis amable e máis xusta para todas e todos”, concluíu.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here