InicioPOLÍTICAAdrián Villa reclama o arranxo do firme e a construción de beirarrúas...

Adrián Villa reclama o arranxo do firme e a construción de beirarrúas en varias rúas de Amio

O concelleiro popular acusa o goberno nacionalista de “abandono” no barrio de San Lázaro e pide un plan municipal de asfaltado para toda a cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, solicitou que o Concello acometa traballos de mellora no firme de diversas rúas do barrio compostelán de San Lázaro, concretamente nas vías do Cubelo, Porto do Medio, de Amio, de Seoane, do Fozán e Agro dos Mozos, entre outras. Segundo indicou, todas elas presentan “fochancas e desniveis” que dificultan a circulación e evidencian, ao seu xuízo, “a falta de mantemento por parte do goberno nacionalista”.

Villa reclamou tamén a construción de beirarrúas nas zonas con maior presenza de vivendas, co obxectivo de mellorar a seguridade dos peóns que se desprazan a pé ou utilizan a parada do autobús urbano. “En rúas como a do Cubelo ou Porto do Medio pódese executar esta actuación, xa que existen tramos intermitentes que se poderían conectar”, explicou o edil, quen considera que a intervención sería “necesaria e beneficiosa para a veciñanza”.

O concelleiro trasladou ademais a preocupación dos residentes pola ubicación dos colectores do lixo, que, segundo denunciou, “obstrúen a visibilidade dos condutores e obrigan os peóns a camiñar entre as gabias” para poder depositar os residuos. Por iso, pediu que o executivo municipal revise a disposición destes elementos e ordene a súa colocación para garantir unha maior seguridade viaria.

Finalmente, Villa aproveitou a súa visita para reiterar a demanda dun plan de asfaltado municipal que aborde o deterioro das estradas nos barrios e parroquias. Ao seu entender, trátase dunha “cuestión preocupante”, xa que o estado do viario “require unha intervención integral tras anos de pasividade dos gobernos de BNG, CA e PSOE”. O edil popular insistiu en que é preciso establecer unha folla de ruta que permita realizar actuacións periódicas de mantemento e evitar que a cidade chegue a unha situación de desgaste xeneralizado.

ÚLTIMAS

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Renfe incorpora en Santiago o servizo para que menores viaxen sós en tren a Madrid

Renfe vén de incorporar na estación de Santiago de Compostela o servizo 'Menores que...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here