InicioPOLÍTICAO PP reclama actuacións urxentes ante o aumento do senfogarismo

O PP reclama actuacións urxentes ante o aumento do senfogarismo

Os populares denuncian a falta de resposta municipal e poñen como exemplo a situación na Praza de Cervantes, que cualifican de “problema de convivencia e seguridade”

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal do Partido Popular de Santiago de Compostela reclamou este martes ao Goberno local unha resposta “inmediata e efectiva” fronte ao que consideran un incremento do senfogarismo e dos problemas de convivencia en distintos puntos da cidade. A comparecencia realizouse na Praza de Cervantes, un dos espazos onde, segundo os populares, a situación é máis visible e preocupante nestes momentos.

O portavoz popular, José Ramón de la Fuente, subliñou que “non é comprensible nin explicable que os veciños leven meses padecendo esta situación sen que o Concello fose capaz de artellar unha solución”. Lembrou que o grupo leva “polo menos dous anos advertindo do incremento de situacións que perturban a normal convivencia”, e criticou que “o Goberno local sempre responda negando o problema ou asegurando que non ten solución”.

De la Fuente asegurou que “hai un evidente problema de seguridade e convivencia na cidade” e que este “se ten incrementado nos dous últimos anos”. Entre os exemplos mencionados citou, ademais da Praza de Cervantes, a praza do Toural, a dársena de Xoán XXIII e o Ensanche.

Pola súa parte, a concelleira Yolanda Otero incidiu en que a Praza de Cervantes é “testemuña dunha situación de vulnerabilidade alarmante, de preocupación veciñal e dunha actuación municipal deficitaria”. A edil afirmou que “o senfogarismo, lonxe de diminuír, vai a máis en Santiago” e que afecta tamén a outros puntos como o parque de Galeras, Pontepedriña ou os soportais de Correos.

Segundo Otero, “esta realidade xera unha tensión crecente na convivencia, produce sensación de inseguridade e malestar entre os comerciantes e veciños”. Engadiu que “non estamos a falar de ideoloxías, senón de humanización”, e pediu ao Concello que actúe con urxencia para evitar a cronificación da situación.

A edil lembrou tamén que o Goberno municipal leva “dous anos anunciando a apertura do Centro de Atención Integral de Belvís”, mais “a día de hoxe non temos data para a súa posta en funcionamento”. Por iso, reclamou medidas concretas e inmediatas: “O Concello non pode seguir mirando cara outro lado ante unha problemática social que require respostas reais e recursos específicos para as persoas sen teito”.

O Partido Popular insistiu en que as súas denuncias non buscan xerar alarma, senón “visibilizar un problema humano e social que precisa solucións urxentes”, e pediu que se priorice a atención ás persoas afectadas e a convivencia cidadá.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here